Bakunin contra Marx

Dentro da I Internacional houbo un duro enfrontamento entre os seguidores de Marx e os anarquistas que tiñan en Bakunin o representante máis destacado. Nestas cartas Bakunin da a súa opinión sobre o seu rival:

Marx é un comunista autoritario e centralista. Quere o mesmo que queremos nós: o triunfo da igualdade económica e social, pero no Estado e pola forza do Estado; pola ditadura dun goberno provisional, poderoso, e por dicilo así, despótico, isto é, pola negación da liberdade. O seu ideal económico é o Estado convertido no único propietario da terra e de todos os capitais, cultivando a primeira por medio de asociacións agrícolas, ben retribuidas e dirixidas polos seus enxeñeiros civís, e organizando os segundos mediante asociacións industriais e comerciais.

Nós queremos ese mesmo triunfo da igualdade económica e social pola abolición do Estado e de todo canto se chame dereito xurídico que, na nosa opinión, é a negación permanente do dereito humano. Queremos a reconstitución da sociedade e a constitución da unidade humana, non de arriba abaixo pola vía de calquera autoridade, senón de abaixo arriba, pola libre federación das asociacións obreiras de toda clase emancipadas do xugo do Estado.»

Carta de Bakunin, 1872

"(...) Penso que a igualdade debe establecerse no mundo mediante a organización espontánea do

traballo e da propiedade colectiva das asociacións produtoras libremente organizadas... e non

mediante a acción suprema e tutelar do Estado.

Ese é o punto que divide principalmente aos socialistas ou colectivistas revolucionarios dos

comunistas autoritarios, partidarios da iniciativa absoluta do Estado.

(...) Eles afirman que soamente a ditadura -a deles, evidentemente- pode crear a vontade do pobo.

Nós respondémoslles: ningunha ditadura pode ter outro obxecto que o de perpetuarse; ningunha

ditadura podería procrear e desenvolver no pobo que a soporta outra cousa que a escravitude. A

liberdade só pode ser creada pola liberdade."

M. A. Bakunin./ Contra Marx. Oposición á idea de ditadura do proletariado.

.