Escultura: perído helenístico (séculos IV-I a.C.)

Neste período a escultura sintetizou todos os elementos da etapa anterior, culminando en dinámicas composicións que romperon cos canons de serenidade e equilibrio clásico. Aínda que o ideal de harmonía e proporcionalidade é visible aínda na Áfrodita de Milo, pronto aparecen as novas formas caracterizadas pola tensión e o movemento. Ademais, os rostros das personaxes representábanse cunha grande expresividade mostrando sentimentos de sufrimento e paixón (phatos).

Destacan os grupos escultóricos e xurdiron, ademais, o retrato e a anécdota, dúas temáticas nas que o idealismo deixou paso ao gusto polo realismo.

Afrodita ou Venus de Milo(110 a.C.)

Nome do artista: Autor descoñecido

Tipo de escultura: Mármore branco

Localización: Museo de Louvre, Paris, Francia

A tamén coñecida como Afrodita de Milos é unha de ultímas grandes imaxes divinas da Antiguedade grega. Foi descuberta fai 192 anos (1820) nas illa grega de Milos.

A escultura foi feita en varios bloques de mármore branco cuxas unións non son visibles. Mide aproximadamente, 204 cm de alto.

A Venus de Milo pertence ao final da época Helenística da escultura grega. Esta baséase nos antecedentes clásicos e fai uso das innovacións estilísticas do 3ero -1er século antes de Cristo, coñecido como Helenismo.

Este é un exemplo do Helenismo?

Existe un contraste entre a desnudez da parte superior do corpo de Afrodita e os elaborados pliegues do mármore que cobre a parte inferior do corpo. O movemento da figura, que implica un leve xiro das cadeiras ata o ombreiro dereito, combinado con corpo que proxecta o seu pelvis e o torso relativamente pequeno, eran típicos dos trazos estilísticos e os ideais da época.

Victoria de Samotracia (190 a.C.)

Escultura que presenta os trazos helenísticos (tensión nas ás, movemento nos roupaxes e sensualidade nas formas mórbidas). Estrutura ondulante, ascendente; os seus finísimas teas pegadas polo vento ao corpo, creando un efecto que supera ata en forza e realismo os pliegues mollados de Fidias ; a vibración do aire mariño que se sente en toda a superficie, creando remolinos e sacudindo as propias plumas das ás, todo iso completábase, para acrecentar aínda máis o efecto teatral da obra. Colocada sobre a súa nave, a figura aparecía nun templete, como metida nunha hornacina e destacando sobre un fondo escuro; e diante dela, ao pé da proa, abríase un estanque do que xurdían rocas e polo que corrían cascadas de auga. Magnífica fusión de escultura e natureza que difícilmente acharemos na arte grega anterior, e que ninguén saberá explotar despois mellor que os propios rodios.

Representa un relato mitolóxico da Eneida de Virxilio, cando Laocoonte, sacerdote de Apolo, se opón á entrada do cabalo grego na cidade de Troia, temendo que se trataba dunha trama dos aqueos en retirada, como así sucedeu. Ofendidos os deuses por intentar contradecir o destino, dúas serpes xurdiron do mar e devoraron aos seus fillos, e ó propio Laocoonte que saíra na súa defensa, sobre a ara do deus Apolo.

Relato mitolóxico que representa a vinganza dos fillos de Antíope contra a súa tía Dirce, a cal fixera a vida imposible a súa nai. Atarona a un touro que arrastrouna ata matala.

Autores: Apolonio e Taurisco de Tralles

Laocoonte e os seus fillos hacia o 25 A.C. Copia romana do bronce orixinal

Autor: Axesandro, Polidoro e Atenodoro de Rodas

Estilo: grego helenístico

Tipoloxía: escultura exenta

Localización: Musei Vaticani

Momento de máxima tensión para conseguir unha maior espectacularidade dramática, cando as serpes se enroscan nos tres corpos para estrangulalos. Tamén a disposición resulta ficticia, puramente teatral, para servir ó mesmo fin: amosarnos a agonía dos personaxes. Os corpos presenta nunhas musculaturas poderosas, explosivas; retorcidas posturas; xestos efectistas e rostros expresivos da dor sufrida.

Controversia en torno a datación e autoría

Touro Farnesio (130 a.C.) Copia romana do bronce orixinal

Trátase dun grupo dinámico, tridemensional e asentado nunha base paisaxística. Os autores lograron un gran efecto expresivo, a pesar de partir de elementos tan diversos como o realismo dos animais, as actitudes ríxidas dos xóvenes e a complexa torsión en espiral da figura de Dirce.