Arco de triunfo de Tito

Dimensións: 15,4 m (altura)

É o arco máis antigo de todos os que se conservan en Roma, proporcionado e con ornamentación sobria. Posue un único van franqueado por dous grandes piares, con bóveda de canón interior. Unha liña de imposta separa o zócalo do corpo principal no que destacan catro semicolumnas con chapiteis compostos, situados nos ángulos dos piares. Estas columnas decorativas simulan soster o entablamento (arquitrabe, friso con relevos e cornisa ornamentada).Na liña do gusto romano unha construción abovedada utiliza, o sistema alintelado grego como decoración.

Remata o arco, un ático con unha monumental inscrición co nome do emperador e dos seus predecesores: O Senado romano e o pobo de Roma ó divino Tito, fillo do divino Vespasiano, Vespasianus Augustus.

O valor do arco de Tito reside na súa decoración escultórica, sobria no exterior (friso e enxutas do arco) e desbordante baixo a bóveda, onde alto relevos de gran formato presentan a entrada triunfal de Vespasiano e Tito, no ano 70 d.C., na arrasada Xerusalén e o desfile dos trofeos arrancados aos xudeos.

Material: mármore

Estilo: Romano imperial

Localización: Foro de Roma

Cronoloxía: 81 d.C.

FICHA TÉCNICA Tipoloxía: Arco de triunfo. Monumento conmemorativo destinado a ensalzar as xestas e fazañas dos emperadores.

Imaxe superior, Roma conducindo a cuádriga do emperador, mentres a Vitoria coróao de laurel. Na imaxe inferior, vemos o desfile clamoroso das tropas lexionarias ao seu regreso de Palestina; levan aos ombreiros os refugallos do Templo de Xerusalén, obtidos como botín de guerra: o candelabro dos sete brazos, o altar dos pans da consagración e as trompetas de prata coas que os hebreos chamaban á loita.