Gregorio Fernández: Cristo Xacente

Catalogación

Título: Cristo Xacente

Autor: Gregorio Fernández

Cronoloxía: primeiras décadas do s. XVII

Estilo: barroco

Tipoloxía: escultura exenta

Material: madeira policromada

Tema: relixioso

Localización: Museo de escultura de Valladolid.

Unha das múltiples versións que Gregorio Fernández, nacido en Sarria (Lugo), realizou nas primeiras décadas do século XVII sobre o tema do Cristo Xacente. Presenta a Cristo morto despois de ser baixado da cruz e antes de ser purificado, só cuberto polo pano de pureza e amosando con claridade as chagas da paixón.

O obxectivo destas imaxes relixiosas é mover a piedade do crente que contempla a obra, un ideal derivado da Contrarreforma. Os encargos son realizados sempre desde o ámbito eclesiástico: parroquias, confrarías, conventos.

O taller de Gregorio Fernández, pertencente á escola castelá de Valladolid, acadou unha fama considerable. Nun primeiro momento estivo influído polo manierismo e polos modelos flamengos dos que herda a angulosidade dos panos. Desenvolverá logo un estilo moi persoal marcado polo patetismo e o dramatismo.

Comentario