1. O proceso de creación da Unión Europea

O proceso de constitución da Unión Europea consta de varias etapas, nas que se poden establecer dúas grandes fases:

  • Nunha primeira fase é un proceso exclusivamente ecónomico, baseado en acordos comoerciais.

  • Nunha segunda fase abrangue todos os ámbitos da vida dos seus países membros; tanto no económico como no político ou o social.

A necesidade dun bloque comercial europeo

Un bloque comercial é un área de libre comercio formada por un ou máis tratados entre dous ou máis países.

1957 créase un mercado común europeo, plasmado no Tratado de Roma (Alemaña, Francia, Italia,Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo). Era a Comunidade Económica Europea (CEE) que establecía as seguintes medidas:

    • A libre circulación de bens,servizos, persoas etc.

    • A liberdade de competencia e unha lexislación común.

A Unión Europea

1992 asínase o Tratado de Maastricht e a CEE pasa a denominarse Unión Europea. A formaban 15 países.

Medidas:

    • Unión monetaria (euro) para 1 de xaneiro de 1999. Entrará en circulación o 1 de xaneiro de 2002.

    • Creou mecanismos de participación cidadá a través das eleccións ao Parlamento Europeo.

    • Estableceu novos dereitos para os cidadáns.

    • Políticas de solidariedade interna coas rexións menos desenvolvidas.

    • Obxectivos para a política exterior e a defensa común.

A Unidade de Europa

A forman 27 países

17 países teñen o euro como moeda

Valores fundamentais comúns:

    • A paz

    • A democracia.

    • O Estado de dereito

    • O respecto aos dereitos humanos.

Se ben son moitos os éxitos (sobre todo aumentar o nivel de vida dos seus cidadáns), na actualidade a crise económica está poñendo en evidencia a súa debilidade na defensa dos dereitos colectivos e están plasmándose as individualidades. A crise freou os avances cara á integración financeira en Europa. Tanto que ameaza o futuro da moeda única.