As señoritas d' Avignon

Catalogación

Título: As señoritas d' Avignon Autor: Pablo Picasso

Cronoloxía: 1907

Estilo: protocubismo

Localización: Museo de Arte Moderno (Nova York)

Técnica: óleo sobre lenzo

Tema: retrato de cinco prostitutas dun bordel barcelonés da rúa Avinyó.

As cinco mulleres distribúense nun interior, desprovisto de profundidade, delimitado por unha cortina. Esta cortina xera un espazo indeterminado que aboca a todas as figuras a un primeiro plano; de xeito que semella que as mulleres estean nun escaparate ou nun escenario teatral. A cortina estructúrase en pregamentos fragmentados e angulosos, oas brillos brancos dos cales remiten ó Greco o que o seu aspecto seccionado e anguloso evoca a Cézanne.

As mulleres que se ofrecen como obxectos, están caracterizados como figuras terribles, algo demoníacas. As tres mulleres da esquerda responden ao estilo da arte ibérica e exhiben orellas longas e ollos amendoados, amosando dúas delas asemade o rostro de fronte e o naríz de perfil. A figura agachada -influencia da arte africana- impresiona polo seu rostro deforme

cos seus ollos fixos e asimétricos pintados en cores contrastadas e a nariz curva como unha foz. Así e todo, o realmente revolucionario deste personaxe, é o feito de que se amosa simultaneamente desde dous puntos de vista, de costas e de fronte.

Os corpos espidos das mulleres están encaixados e desencaixados -os peitos redúcense a agresivas formas xeométricas-, e as miradas amosan tristeza e hostilidade. Non se relacionan entre elas senón co espectador, ó que interpelan coa súa mirada e cos seus acenos atrevidos.

En primeiro plano e no centro da parte baixa un bodegón sobre unha mesa con froitas: un racimo de uvas, unha pera, unha mazá e un pedazo de sandía.

A composición desde a esquerda ven dada pola sucesión de figuras en disposición recta: de pé, deitadas (Majas), o que da unha tensión e firmeza que pasa a atenuarse no lado dereito coa muller sentada.

O espazo é irreal, fragmentado, sen perspectiva, sen planos de profundidade, no que non hai luces, a iluminación é uniforme en toda a superficie, nin sombras. Nel as figuras adoptan disposición imposibles, caso da muller agochada, ou estando tumbadas, caso das dúas centrais, semellan estar erguidas. O espazo convertese nun elemento máis (así na arte africana), deixa de ser o contenedor das figuras, deformase e descomponse coma elas. O fondo acercase, encaixase entre as figuras e fragmentase do mesmo xeito en planos tamén duros e angulados.

Está clara a ruptura coa pintura figurativa, as formas quedan reducidas ós seus elementos básicos moi xeometrizados con liñas moi marcadas. Picasso ven de descubrir que a figura pode cortarse en planos, descompoñerse, analizarse. Así presenta varios puntos de vista á vez: ollos de fronte, nariz de perfil; de pé e tumbadas; corpo de costas e cabeza de fronte, o que equivale a unha fusión de espazo e tempo. Interésalle a estrutura plástica que exclúe toda distinción entre forma e espazo.

O tratamento ten bastante do expresionismo, esa dureza de formas anguladas e planos sólidos. Os triángulos repítense nos detalles das suxeridas anatomías (peito, cóbado, pubes, nariz) e nas formas dentadas das telas e da mesa.

A cor é arbitraria, sen a violencia dos fauves, plana e sen gradacións. No fondo dominan os azuis, brancos e ocres que subliñan aínda mais a planitude, nas figuras os ocres e rosados con rostros nos que aplica raias verdes a azuis en determinadas zonas, especialmente o nariz da figura agochada, ou brancas e negras para os detalles anatómicos.

Este cadro considerado emblema do Cubismo no que o pintor rexeita a representación tradicional dunha escena nun espazo tridimensional e con visión monofocal. Acabou por converterse nunha peza de culto para os pintores máis novos que comprenderon a desintegración espacial, o tratamento desconxuntado das figuras, a ruptura co modelado tradicional e o uso intelectual da cor.