Cultura clásica

As civilizacións de Grecia e Roma, constitúen grazas o seu legado, as bases sobre as que se asenta a nosa Civilización actual.

En Grecia ou en Roma oirixináronse as principais formas de goberno e sistemas políticos que Europa empregaría nos séculos posteriores.

Tamén en Grecia e Roma teñen a súa orixe os sistemas de pensamento occidental baseados, fundamentalmente, na racionalidade e na preocupación polo home.

As súas orixes no tempo son bastante coíncidentes. No século VIII a.C unha serie de pequenas cidades da península grega inician unha vida independente como "cidades-estado" pero mantendo lazos de unión entre elas, por exemplo, a celebración dos Xogos Olímpicos e un sentimento común de pertencer a unha mesma cultura; lingua, deuses, santuarios,... son os lazos de unión dos gregos. Esta civilización pasará a formar parte da órbita de Roma unha vez que os exércitos romanos a conquisten; pero isto non vai significar a morte de Grecia como civilización porque moitos dos rasgos dela xa foran asimilados por Roma que, desta forma, mantén a unidade da civilizadora ata o seu fin definitivo, cando no 476 d.C. os pobos Xermanos conquisten Roma.

Por iso o mundo grego e romano desenvólvense de forma simultánea; agora ben, tamén é certo que os períodos de máximo florecemento non se dan ao mesmo tempo.

Fuente: Intef

TRABALLOS ALUMNADO