A Gioconda

Catalogación

Título: A Gioconda (ou Monna Lisa. Nome real : Lisa Gherardine, esposa de Francesco del Giocondo)

Autor: Leonardo da Vinci (1452-1519)

Cronoloxía: principios do século XVI

Estilo: Renacemento (Cinquecento)

Técnica: Óleo

Soporte: Táboa

Tema: retrato. Durante séculos a Gioconda foi admirada como o símbolo da beleza serena. O cadro reflicte tanto o físico como a alma desta muller que non puido ser identificada con plena seguridade.

Localiación actual: Museo do Louvre (París)

Leonardo, home renacentista por excelencia, autor do retrato desta enigmática muller legoulle á Historia unha forma de concibir a pintura: desde o interior dos cadros. A Gioconda, grazas a técnica do sfumato, parece entre irreal, anxélica e humana. No século XVI,Giorgo Vasari escribiu sobre ela " Se fixa a mirada no seu pescozo, poderías xurar que lle palpita o pulso".

A figura está representada con unha lixeira inclinación e coa súas mans cruzadas apoiadas sobre unha repisa e mirándonos de maneira irónica.

O retrato de medio perfil recortase sobre unha paisaxe brumosa na que utiliza a perspectiva aérea acadando a sensación de profundidade con as gradacións de cor e un fondo azulado que confunde as montañas coas tenues nubes. A paisaxe do fondo, coas súas dúas partes imposibles de enlazar, contribúe a acentuar o sorriso da muller, tirando opticamente das comisuras dos labios.

Para a figura utiliza a técnica do sfumato creando unha indefinición nos contornos fuxindo do dibuxo como base da composición. Leonardo difuminou sobre todo os ollos e os beizos, aínda que tamén empregou o sfumato nos rizos que caen sobre o ombreiro da muller e se funden coas rochas e cos pregamentos do chal, en nas liñas do distante acueduto.

Co sfumato Leonardo conseguiu recrear os efectos da luz sobre a pel e a paisaxe, sombras amables, unha imitación perfecta da carne e unha semiescuridade tan reveladora como máxica. A luz, amortecina e irreal, e a paleta de cores, máis sobria do que adoitaban usar os seus contemporáneos, dulcifica o retrato.

A Gioconda non está pintada desde fóra, senón que, como ocorre coa paisaxe do fondo está concibida desde dentro. O punto onde converxen tódalas miradas é, sen dúbida ningunha a cara da muller, aínda que hai un segundo punto de inflexión: as súas mans, fermosamente modeladas e entrelazadas.

Para acentuar o seu aire de misterio, Leonardo recorreu a un recurso: os dous lados do cadro non coinciden exactamente nin na cara nin na paisaxe fantástica do fondo. Así, a liña esquerda do horizonte semella máis alta que a dereita, de forma que, cando o espectador mira o lado esquerdo do cadro, a muller parece máis alta e a súa expresión diferente que se observa a parte dereita. O resultado é que a dama se presenta como un ser vivo que cambia continuamente ante os ollos dos seus admiradores.

A Gioconda do Prado