Van Eyck: Virxe do chanceler Rollin

Autor: Jan van EyckCronoloxía: século XV

Estilo: gótico flamengo

Técnica: óleo sobre táboas

Tema: relixioso coa presencia da Virxe e o Neno Xesús, tamén se trata do retrato no que o donante ou comitente, o chanceler Nicolas Rolin, un dos homes máis poderosos do momento na corte borgoñona, recibe a bendición do Neno que lexitima o seu poder.

Ocupa unha posición de igual a igual, fronte á Virxe, o que non deixaría de ser unha irreverencia máxime tendo en conta que o retrato fíxose en vida. Pero non se trata da representación do mundo visible senón dunha visión interior que sente o chanceler mentres reza axeonllado na súa capela. Foi encargada polo chanceler para colocar na súa capela privada.

Comentario