O Imperio (27 a.C.- 476 d.C.)

O Principado o Alto Imperio (27 a.C.- 284 d.C.)

Comeza con Octavio Augusto no ano 27 a.C. e chegará ata a desaparición do último emperador romano occidental, Rómulo Augústulo no 476 d.C.

Durante esta etapa os seus diferentes gobernantes perseguiron dous obxectivos principalmente:

  • Unir o extenso territorio baixo un sistema de goberno común.

  • Superar as graves crises sociais e políticas ás que o sistema republicano non puido facer fronte.

Octavio instaurou o Imperio e foi nomeado emperador, con poderes máximos; príncipe, con poderes delegados polo pobo e polo senado, e augusto, asumindo todo o poder relixioso.

Os alicerces sobre os que se asentou esta nova forma de goberno máis centralizada foron os funcionarios, o exército, os impostos e as vías de comunicación.

Durante os séculos I e II d.C., grazas a esta organización, deu comezo unha época de paz e prosperidade que favoreceu o aumento da produción, o comercio e as relacións entre os pobos, coñecida como Pax romana.

A dinatía Xulio-Claudia: Tiberio, Caligula, Claudio e Nerón

O Dominado o Baixo Imperio (284-476 d.C.)

Desde o o século III o imperio romano viviu crises militares, políticas e económicas que puxeron en perigo a súa unidade.

As causas destas crises foron:

  • O debilitamiento do poder do emperador.

  • O fortalecemento do papel do exército nas provincias.

  • As frecuentes guerras civís promovidas por xenerais que aspiraban ao poder, así como as dificultades económicas para pagar aos soldados.

  • A contínua presión dos pobos germánicos polo norte e dos persas polo leste.

  • Diminución do número de escravos polo fín das conquistas incidiu negativamente ás grandes propiedades rurais.

  • Todo iso influíu no comercio que se viu afectado pola inseguridade, e os impostos non foron suficientes para cubrir os gastos militares do Estado. A vida fíxose máis difícil e a poboación empezou a trasladarse ao campo onde a subsistencia parecía máis fácil. A este proceso coñéceselle como ruralización.

A partir do século III d.C. os enfrontamentos, as paces e as concesións foran constantes entre os romanos e os pobos bárbaros. Para manter a paz e poder dominar mellor todas as fronteiras do imperio, o emperador Diocleciano creou entre o 286 e o 293 d.C. unha nova forma de goberno chamada tetrarquía.

Non funcionou, e tras a morte do emperador Teodosio (395) o Imperio romano dividiuse entre os seus dous fillos: a Arcadio correspondeulle a zona oriental, con capital en Constantinopla, e a Honorio a parte occidental, con capital en Roma. Pero finalmente, unha coalición de tribos xermánicas acabaron por invadir o Imperio romano e entraron en Roma no ano 476. Deste xeito finalizou o Imperio romano de Occidente.

A partir deste momento, os diferentes pobos bárbaros foron utilizados polos emperadores dos imperios romanos para debilitarse mutuamente. A unidade que o Imperio lograra crear no Mediterráneo rompeu. A partir da división territorial que os pobos bárbaros habían estado configurando desde o século III, orixináronse as novas monarquías medievais europeas, que posteriormente loitarían entre si para obter o poder.

A caída do Imperio Romano de Occidente