Roi Lichtenstein no Museo Nacional Reina Sofía

Pincelada: unha escultura a partires dun elemento pictórico

Título : Brushstroke (pincelada)

Data: 1996

Categoría: escultura

Material: aluminio e pintura

Técnica: soldadura

Dimensións: 982x640x182 cm

Ano de ingreso: 2006

Localización: Patio Nouvel (Reina Sofía)

En 1962 Roy Lichtenstein expuxo unha serie de obras na galería Castelli de Nova York que marcaron o comezo da súa escultura madura, na que, como na súa pintura, mantivo a grafía en cor procedente do cómic como aceno de identidade.

Brushstroke (Pincelada) é unha escultura monumental que trata o tema do oficio de pintor, como o título indica, vinculada á pintura que Lichtenstein realizou en 1965 en referencia ao Action Painting a través de «citas» da pincelada xestual que caracteriza ao expresionismo abstracto. A partir dos anos oitenta, Lichtenstein adapta a temática do brochazo ás tres dimensións mediante maquetas, esculturas de medio tamaño e formatos monumentais. Mediante esta obra, erixe un gran signo plástico que parodia, de forma irónica, un estilo pictórico caracterizado pola introspección, o subxectivismo e o xesto persoal e espontáneo do pintor. Na escultura monumental este xesto queda espido, mecanizado e reducido á súa mínima expresión como signo. Doutra banda, a obra documenta a tendencia monocroma, en contraste co cromatismo asociado á arte pop, do último período produtivo do artista.

Brushstroke foi instalada no patio do edificio deseñado por Jean Nouvel para a ampliación do Museo Reina Sofía con motivo da exposición Roy Lichtenstein. All About Art que tivo lugar en 2004.

Maqueta para escultura 1996

Madera pintada

Técnica: talla

Dimensións: 81,9 x 48,3 x 20,3 cm

Ingreso no Reina Sofia: 2009

Maqueta para escultura 1996

Técnica: gouache, tinta china, recortado e encolado

Dimensións: 30,7 x 22 x 12,5 cm.

Ingreso no Reina Sofía: 2009