Gattamelata

Catalogación

Título: Condotiero Gatamelatta

Autor: Donatello

Cronoloxía: mediados do século XV (1453)

Estilo: escultura renacentista do Quattrocento

Tipoloxía: escultura ecuestre

Materiais: bronce

Tema: monumento conmemorativo da gloria do heroe , Erasmo de Narni. É tamén un monumento funerario. Donatello presenta un instante do cabalgar do militar que encabeza un imaxinario exército e viste á antiga.

Localización: praza da igrexa de San Antonio de Padua.

Comentario

Está inspirada na estatua ecuestre de Marco Aurelio. Un ritmo repetido de curvas (cola, a grupa e o pescozo do cabalo) suxire o movemento ondulante do seu paso, e as liñas oblicuas da espada e o bastón de mando indican a súa dirección

O personaxe avanza a cabalo portando o bastón de mando na súa man dereita e ciñendo ao cinto unha espada, mentres a súa mirada pérdese no horizonte. Todo aquí reflexa serenidade e equilibrio. É máis, algúns elementos remiten á retratística romana, como o interese por captar a psicoloxía do personaxe, ou a propia coraza que este porta. Parece coma se Donatello puxese todo o seu interese en dotar ao condottiero de dignidade e maxestuosidade, elementos que se trasladan tamén ao propio cabalo, un de cuxos cuartos dianteiros apoia sobre unha bóla de bronce, material no que está elaborada toda a escultura.