Catedral de León

Catalogación

Autor:Enrique de Burgos (morto en 1277) e Juan Pérez.

Cronoloxía: 1255-1300.

Estilo: gótico

Tipoloxía: catedral.

Materiais:pedra, formigón e vidro.

Localización: León (España).

BIOGRAFÍA DO AUTOR

Enrique de Burgos, coñecido como Mestre Enrique, parece ser que era un arquitecto de orixe francesa.Bo coñecedor das novas solucións ar­quitectónicas iniciadas no país veciño, a documentación relaciónao coa construción das catedrais de Burgos e León. Mentres que na catedral de Bur­gos, o Mestre Enrique participa nasegunda fase das obras, en León traballa desde o inicio da construciónaínda que non é o autor dos planos da catedral.

Á súa morte, substituíno Juan Pé­rez, colaborador seu, que traballou ta­mén en Burgos e León polas mesmas datas que o seu mestre.

Descripción formal

A fachada occidental que dá acceso ao recinto consta dun corpo central dividido en catro franxas superpostas. Na parte inferior da entrada atopa­mos unha tripla portada oxival e ri­camente decorada con esculturas, un triforio, un gran rosetón e, finalmen­te, un gablete flanqueado por dous pi­náculos. Separadas deste corpo, le­vántanse dúas torres cadradas de máis de 60 m de altura, tamén coroa­das por pináculos.

Os muros laterais encóntranse seccionados polos contrafortes coroados por pináculos e os arcobotantes que recollen o peso da bóveda interior da nave central, e á súa vez permiten abrir numerosas ventás no muro.

Planta

Se a fachada se inspira en Chartres, a planta é unha reducción da catedral de Reims, a nave principal da cal conta con nove tramos fronte ós seis da leonesa. O resultado desta variación, segundo al­gúns teóricos, é unha macrocefalia, isto é, unha "cabeza" demasiado grande, que fai que a igrexa perda en profundi­dade e en perspectiva.

O corpo principal divídese en tres naves - a central moito máis alta que as laterais- ás que lles segue a cabeceira formada por un gran transepto -tamén de tres naves- e unha ábsida que prolonga o transepto en dous tramos rectos e que presenta un deambulatorio con cinco capelas radiais de forma trapezoidal.

As bóvedas, tanto das naves como da propia cabeceira, son de crucería e os nervios dos seus arcos convértense en finas columnas pegadas que chegan ata o chan. A grande altura de columnas e piares crea o efecto de verticalidade propio do gótico.

O alzado interior divídese nos tres niveis característicos do Gótico: arca­das oxivais, que dan acceso ás naves laterais; triforio de ventás lanceoladas e un elevado claristorio que acolle 230 ventás apuntadas que, xunto aos rose­tóns das portaladas, suman máis de 1200 m2 de vidreiras policromadas que achegan unha gran luminosidade interior.

O teito, a 30 m de altura, pé­chase en bóveda de cruzaría, cuxos nervios se converten ao final en co­lumnas apegadas que chegan ata o chan, dividindo así os diferentes tra­mos da nave.

Contorno e integración urbanística

Situada nunha enorme praza no al­to da cidade, a catedral domina con autoridade toda a urbe. A maxestosi­dade e magnificencia que aínda hoxe atesoura o conxunto, debeu ter un grande impacto na época, pois a cons­trución elévase no ceo como símbolo do poder do Cristianismo nun territo­rio acabado de reconquistar aos mu­sulmáns.

Función, contido e significado

Coñecida co nome de Pulchra leo­nina e baixo a advocación á Virxe Ma­ría, a catedral de León atópase na ru­ta de paso do camiño de Santiago. Iso, xunto ás numerosas reliquias de santos que atesoura, como por exem­plo as de San Froilán -patrón da ci­dade-, convértena nun importante centro de peregrinación. Para recibir todas estas visitas a catedral de León está perfectamente adecuada, pois o constante movemento de entrada e saída queda perfectamente regulado a partir das dúas naves laterais, o tran­septo aberto con portadas e a xirola na cabeceira.

Os seus excepcionais ventanais ilus­tran a calidade xamais igualada que acadou a vidreira, manifestación artísti­ca incluída entre as mal chamadas "ar­tes menores" -para diferencialas das maiores, arquitectura, escultura e pin­tura-. Na catedral de León, á gama de cores francesa e inglesa -baseada en vermellas, azuis e amarelas-

engadí­ronselle brillantes púrpuras e verdes escuras. A cate­dral de León, en definitiva, fai máis real que nunca a consideración de Deus co­mo "luz do mundo".

Queda patente tamén a influencia francesa no que respecta a arte da vidreira e en particular as vidreiras da Sainte-Chapelle.

Fonte: Vicens-Vives