Praxíteles

Venus de Cnido Hermes de Olimpia ou Hermes co neno Dioniso

Ficha técnica

Cronoloxía: s. IV a.C.

Estilo: grego post-clásico

Técnica: talla

Material: mármol

Localización actual: Museo Vaticano

ICONOGRAFÍA

É unha das esculturas máis coñecidas do seu autor. A obra escandalizou aos habitantes da illa de Cos que a encargaron, polo que a rexeitaron, indo así a parar a Cnido, onde cativou pola súa indubidable beleza.

O orixinal perdeuse, pero coñecémola a través dunha copia romana, hoxe no Museo do Vaticano. Venus aparece saíndo do baño (cántaro e toalla), completamente espida

pero tapándose con pudor, o pubis, un modelo destinado a gozar de notable éxito no Helenismo e máis tarde en Roma.

ANÁLISE ARTÍSTICA E TÉCNICA

A deusa represéntase como unha simple mortal. A súa actitude de postura recatada, inxenua, é dunha singular inocencia, á que contribuie a poscición da man sobre o pubis. Para algúns autores esta man estaría sinalando a fonte do seu poder, xa que Afrodita ou Venus, é a deusa da beleza e do amor.

A súa composición pechada pero abrindo planos para ser vista dende varios ángulos, é pouco esaxerada incitando máis a súa sensualidade e a súa delicadeza.

O rostro tamén deixa traslucir un leve sorriso que acentúa a atmósfera de inocencia e inxenuidade que nos quere transmitir o autor.

A copia que se conserva, moi restaurada, non alcanza a calidade do Hermes pero permite apreciar as características básicas do estilo do autor: curva praxiteliana, modelado suave, canon esbelto, sfumato no rostro etc.

ICONOGRAFÍA

Trátase dun orixinal grego procedente das excavacións de Olimpia.

Representa a Hermes (Mercurio para os romanos)mensaxeiro dos deuses, cos seus sandalias aladas, levando ao

neno Dionisio (deus do viño) para ser educado polas ménades.

Segundo a lenda, ao pasar preto dunha viña Dionisio pediu probar as uvas e Hermes detívose para ofrecerlle un racimo.

Ficha técnica Cronoloxía:340 a.C.

Estilo: grego post-clásico

Técnica: talla

Material: mármol

Dimensións: 2,13 m

Localización orixinal:Templo de Hera, Olimpia.

Localización actual: Museo Arqueolóxico de Olimpia.

ANÁLISE ARTÍSTICA E TÉCNICA

A estatua é de mármore e sen policromar, xa que foi un dos primeiros escultores que deixou de pintar as súas obras,valorando as calidades propias do material, que el resaltaba aplicando unha capa de cera puída.(sfumato)

A obra é de extraordinaria calidade, ningunha copia pode igualar en modelado e matices a un orixinal e nela resúmense as características da escultura praxiteliana e por extensión da época postclásica:

- O modelado suave e matizado.

- "A curva praxiteliana", resultante de desprazar lixeiramente a

perna libre.(formase s)

- O "esfumato" no rostro e a expresión melancólica.

- Realismo no tratamento dos panos.

- Utilización do canon de Lisipo

A súa composición pechada pero abrindo diferentes planos para o seu visualización, permite observar o contrabalanceo do contraposto, característico do seu autor, debido á curvación da cadeira, acentuando

a sensación de dinamismo.

Como tamén é habitual na obra de Praxíteles, mantén un brazo levantado en ángulo, que nunca corta a silueta frontal da estatua.

Hai ademais unha tendencia ao naturalismo, como pode observarse na expresión do rostro ou no tratamento do cabelo, aínda que sen perder esa sensación de lexanía na mirada do deus, contrarrestada

pola proximidade que transmite a actitude espontanea do neno.

Sobre todo o que se observa diante desta escultura é o gran cambio que se deu na estatuaria grega respecto ao periodo clásico: as figuras hanse estilizado,refináronse e fixéronse máis elegantes e cunha maior sensación de movemento.