Reparacións de guerra

Ao acabar a Primeira Guerra Mundial, o Tratado de Versalles de 1919 fixo responsable a Alemaña de todos os danos e perdas causados como consecuencia do conflito e na súa virtude obrigoulle a facer fronte a reparacións millonarias que, logo de diversos adiamentos e anulacións, terminou de pagar en outubro de 2010.

Moitos economistas e políticos da época, e entre eles o máis famoso de entón, John Maynard Keynes, mostraron que era imposible que Alemaña puidese pagar esas reparacións sen empobrecerse tráxicamente e sen que así se ocasionasen problemas peores que os que se trataba de resolver. E fixeron ver que ata sería moito máis útil para os propios aliados promover o desenvolvemento da industria e o comercio en Alemaña que obrigarlle a facer fronte a unhas cantidades que estaban completamente fora da súa mermada capacidade de pago. Con dramática lucidez, o economista inglés advertiu no seu libro As consecuencias económicas da paz”, que se nós aspiramos deliberadamente ao empobrecemento da Europa central, a vinganza, non dubidou en predicilo, non tardará. Así foi.

Conferencia de Londres de 1921: as propostas de Keynes foron denegadas polos vencedores.

Alemaña debía pagar nesa data 20.000 millóns de marcos, só conseguiu reunir 8000.

1923: Francia ocupa o Rhur (centro industrial principal da minaria e a siderúrxia alemana). Aumento desmesurado da inflación

e depreciación do marco.

1924 Plan Dawes

Denomínase así ao proxecto que o financeiro e político norteamericano Charles Dawes propuxo para reducir as cantidades que Alemaña se vía obrigada a abonar aos vencedores (especialmente a Francia) en concepto de reparacións de guerra. Contemplaba a flexibilización dos pagos e, sobre todo, a concesión de importantes créditos que dinamizasen a maltreita economía xermana.

A fórmula buscaba que Alemaña quedase en disposición de poder facer fronte aos seus acredores e que estes ( á súa vez debedores de Estados Unidos) saldasen tamén as súas obrigacións, establecéndose unha especie de circuíto dinerario no que USA quedaría como destinatario final.

O plan contemplaba

igualmente que as tropas francesas e belgas abandonasen en 1925 o territorio alemán do Ruhr, ocupado unilateralmente desde 1923.

O cambio na tendencia económica complementouse politicamente cos acordos de Locarno (1925), polos que Alemaña era admitida na Sociedade de Nacións.