Básilica de San Lourenzo

Autor: Filippo Brunelleschi (Florencia, 1377-1446)

Cronoloxía: 1421-1470

Estilo: renacentista (Quatrocentto)

Materiais: pedra

Localización: Florencia (Italia)

San Lourenzo é a reinterpretación xeométrica da basílica romana e a igrexa paleocristiá. Prodixio de perspectiva, porque consegue que todas as liñas vonverxan nun único punto, o altar; e prodixio da simetría, xa que o observar, situado na nave central, percibe un lado como espello do outro. O resultado é un interior amplo e diáfano, a escala humana, que prima a horizontalidade a verticalidade.

A perfección xeométrica é tal que todos os elementos arquitectónicos foron calculados tomando o cruceiro como módulo: naves, capelas, arcos...

No interior prima o contido clásico. As naves sepáranse por columnas e arcos de medio punto. As columnas apoian sobre plinto e basa ática, teñen fuste liso e rematan en capitel corintio, que soporta un fragmento de entaboamento (arquitrabe dividido en bandas, friso decorado e cornixa bastante voada) para realzar o arco.

A racionalización dos espazos queda remarcado polo diferente nivel das capelas, elevadas uns banzos por riba do nivel das naves, abertas por arcos de medio punto e enmarcadas entre pilastras acanaladas con capiteis corintios.

En canto á cubrición, combina tres tipos de cubertas:

- nave central adintelada con cuberta de madeira con casetóns ó modo do Panteón.

- bóvedas vaídas nas naves laterais.

- bóvedas de canón nas capelas e cúpula sobre pechinas no cruceiro.

A distribución dos vanos e da luminosidade está perfectamente regulada: capelas laterais sen vanos, naves tenuemente iluminadas a través dos óculos abertos sobre as capelas e nave central chea da luz que entra polas fiestras da parte alta, ó que hai que engadir o grande óculo do cruceiro. Toda esta luz natural, graduada en altura e tamaño da fonte, pero sempre desde o alto unifica o espazo.

A decoración ven dada exclusivamente polos propios elementos construtivos, eliminando toda a traza gótica que enmascaraba a estrutura arquitectónica. Así estamos diante dun espazo diáfano, definido e claro no que incluso a bicromía do gris da pietra serena nos elementos estructurais e o branco do enlucido dos paramentos e das bóvedas contribúe a subliñar o ordenamento espacial. O muro queda patente, non se elimina como na arte gótica.

A planta da igrexa, totalmente simétrica, articúlase en tres naves e transepto delimitados por unha escalinata de tres chanzos que lles dá acceso ás capelas que percorren o perímetro do edificio. O ábsida rectángular central, está flanqueado por dúas sancristías. Para o cruceiro Brunelleschi recuperou da antigüidade a cúpula sobre pendentes, que permite o paso de planta cadrada a circular.

Con esta obra Brunelleschi materializa os novos principios da arquitectura renacentista: creación de espazos calculados racional e cientificamente, realizados a escala humana, lonxe da grandiosidade gótica, e con clara inspiración técnica e formal na Antigüidade clásica.

Fronte a riqueza interior o exterior presente este estado, propio dun edificio sen rematar.