Da arte prehistórica a finais da arte Celta

Arte rupestre na Península Ibérica

PINTURAS DA COVA DE ALTAMIRA

FICHA TÉCNICA

Título: Pinturas da cova de Altamira

Autor: descoñecido.

Cronoloxía:15.000 - 12000 a.C.

Estilo: escoloa franco-cantábrica.

Técnica: pigmentos e terras naturais.

Localización:Santillana del Mar (Cantabria)

Contexto

A cova de Altamira foi descuberta por Marcelino Sanz de Sautuola no ano 1879. O achado produciuse cando a súa filla María perseguía ao seu can, que se agochara nela. A nena entrou no seu interior por un pequeno burato e, ao ir a rescatala, atopáronse con este gran tesouro artístico.

A través das pinturas rupestres decatámonos de que o home primitivo tiña un coñecemento directo, ou interactuación, dos animais que representaba. Algunhas galerías, nas que tamén apareceron pinturas, non se empregaban como vivenda, senón que servían para levar a cabo ritos sagrados.

Descrición formal

A cova de Altamira mide 270 m desde a entrada ata o fondo. Podemos disntinguir nela tres zonas:

1) Sala xunto á entrada, onde se desenvolvería a vida dos homes primitivos.

2) Sala das pinturas, chamada a "Capela Sixtina da Arte Cuaternaria"

3) Unha serie de estancias e corredores