Visitación de Reims

Portada occidental de Reims

Xambas da dereita da portada central

Grupo escultórico de Anunciación e da Visitación

A VisitiaciónAutor: mestre das figuras antigasCronoloxía: s. XIIILocalización: Portada Occidental da catedral de Reims.Estilo: gótico clásicoMateriais:pedra caliza.Tema: A Virxe María visita a súa prima Isabel que tamén espera un fillo,ao que chamará, Juan.No formal,as esculturas son monumentais, pero perderon a conexión co marco arquitectónico. As estatuas libéranse da súa condición de soporte arquitectónico e preséntanse practicamente exentas.

No estético perden o hieratismo do románico, gañando en expresividade e naturalidade. Procúrase a beleza das imaxes baseadas nas correctas proporcións e na maxestuosidade do diálogo humanizado.

Destaca a comunicación psicolóxica entre as figuras, que se miran, se comunican, e expresan os seus recíprocos sentimentos e emocións. Desaparece o esquematismo e a perspectiva xerárquica en favor do humanismo.

O escultor parece que se inspirou nos maestros da antiguedade greco-romana. O grupo se lle asocia con obras romanas dalgún taller do século I debido a unha serie de rasgos:

- a labra minuciosa dos panos, de pliegues finos e quebrados (togados), da labra minuciosa dos rostros, de beleza serena e idealizada en María que se representa xoven. Esta minuciosidade presentase na súa prima Santa Isabel, representada como muller madura.

- a curva praxiteliana e a proporcionalidade anatómica de ambas figuras.

Análise formal

  • Composición en contraposto, cabezas inclinadas, mans que xesticulan.

  • Rostros expresivos, diferenciados ambos.

  • Modelado de ropaxes: intenso, moitos pregues e profundos que envolven o corpo, aínda que se adiviña por debaixo dos mesmos. Lembran a técnica dos panos mollados.

  • Figuras insertas nun marco, pero istas comunicanse entre sí.

A Lei do Marco condiciona o canon, mais se liberan do espazo e proxectanse cara ao exterior