1. A crise das democracias liberais

AVANCE E RETROCESO DA DEMOCRACIA (1914-1939

Entre 1914 e 1939 hai un avance e un retroceso da democracia, debido a que despois da Gran Guerra o sistema democrático tivo un certo auxe en Europa do leste, onde se implantou en países de tradición monárquica autoritaria e nalgúns dos estados xurdidos da descomposición do Imperio Austro-Húngaro. Mais este viraxe ao sistema democrático non deixou de ser un espellismo pois todos os estados da nova democracia fixeron un xiro ao autoritarismo a partir da segunda metade dos anos vinte ou principios dos trinta.

A onda do autoritarismo tamén afectou aos principais países nos que a democracia era anterior a Primeira Guerra Mundial, como é o caso de España e Italia. Xa que logo, obsérvase un crecemento e posterior contracción do sistema democrático ata o punto en que antes da Segunda Guerra Mundial os estados democráticos eran minoría en Europa.

Esténdense logo a Primeira Guerra Mundial

Entran en crise:

    • Crise económica

    • Conflitos sociais

    • Inestabilidade política

Democracias consolidadas (Gran Bretaña e Francia)

Gran Bretaña

    • Caos económico

    • Grandes disturbios obreiros

    • Comezo do conflito de Irlanda

    • Mediación do Partido Laborista, permitiu canalizar de forma parlamentaria as demandas populares e reconducir a crise.

Democracias recentes e inestables

Europa meridional e oriental

Italia

Alemania

    • Crise económica e revolta social

    • Incapacidade dos partidos democráticos

    • Aparición de ditaduras e réximes totalitarios

    • Ascenso do fascismo (Italia) e do nazismo (Alemania)

Cartel de apoio aos republicanos españois realizado por Joan Miró en 1937

Francia

    • Crise económica na década de 1930

    • Oposición obreira e da dereita

    • Goberno da Fronte Popular, permitiu a estabilidade política, xa que a través da vía parlamentaria e democrática, desenvolveron políticas ecómicas e socias que melloraron as condicións dos máis desfavorecidos pola crise e permitiron conter as movilizacións das dereitas.

A este partidos de esquerdas sumáronse movementos formados por intelectuais como a Liga dos Dereitos do Home, e Movemento contra a Guerra e o Fascismo e o Comité de Vixilancia dos Intelectuais Antifascistas.