Causas do golpe de estado

- A crise e dexeneración do sistema político da Restauración. Os partidos dinásticos que se turnaban no poder (conservador e liberal) mostráronse incapaces de acabar co vello sistema caciquil e estaban fragmentados. Sucedéronse numerosos gobernos de concentración que tamén fracasaran. Só había dous camiños posibles para solucionar a crise: ou a democratización do sistema ou a implantación dunha ditadura. Elixiuse o segundo.

- O descontento do exército pola guerra de Marruecos. O desastre de Annual (1921) desprestixou ao exército e o expediente Picasso que investigaba as causas e responsabilidades no mesmo, aumentou a desconfianza dos militares cara aos políticos.

- A agudización dos conflitos sociais. Desde a crise de 1917 e debido aos efectos da 1ª Guerra Mundial e ao impacto da Revolución rusa (1917), numerosas folgas e protestas das clases traballadoras alteraban a orde pública. A burguesía estaba atemorizada tamén ante o aumento do terrorismo anarquista, especialmente en Barcelona, e mostrábase partidaria de medidas de forza para atajarlas.

- O auxe e a radicalización dos nacionalismos periféricos, en especial o catalán.

- O triunfo do fascismo en Italia. A Marcha sobre Roma en 1922 levou a Mussolini ao poder. Tamén noutros países europeos impuxéronse ditaduras dereitistas por entón (Portugal, Grecia, Polonia). A ditadura de Primo de Rivera non é unha excepción.

Os obxectivos do golpe eran acabar co sistema parlamentario - ao que Primo de Rivera tachaba de "inmoral e corrupto"-, garantir a orde pública, terminar co separatismo e solucionar o problema marroquí. Primo de Rivera, un andaluz campechano e paternalista, tiña valores tradicionais típicamente castrenses: orde, disciplina, autoridade e amor á patria. O seu lema era "Patria, Relixión e Monarquía". Cría que bastaba a boa vontade, a honradez e o patriotismo para gobernar a un país; desconfiaba dos políticos e odiaba aos partidos. Combinaba as ideas rexeneracionistas (víase como o "ciruxano de ferro" do que falaba Joaquín Costa) coa influencia do fascismo italiano de Mussolini, a quen admiraba.

Apenas houbo oposición ao golpe de estado. Os seus apoios sociais atopábanse entre a oligarquia de terratenientes e industriais católicos, o exército, gran parte das clases medias e tamén no mundo obreiro. Os socialistas non ofreceron resistencia e ata colaborarán co réxime. Anarquistas e comunistas foron os únicos que se opuxeron, convocando manifestacións e folgas en contra do golpe de estado, o que servirá de xustificación ao dictador para a súa ilegalización.