A creación do ser humano (a antropogonía)

Para a mitoloxía clásica, houbo catro xeracións, coñecidas como idades da humanidade: a Idade de Ouro, de Prata, de Bronce e de Ferro.

A primeira xeración foi a Idade de Ouro. Os humanos vivían en paz e harmonía, e ninguén coñecía o traballo, a fatiga, a enfermidade ou a vellez. Os seres humanos morrían, pero, máis que unha morte, o seu final era unha especie de sono: pasaban a converterse en anxos gardiáns da humanidade.

A fin da Idade de Ouro supuxo o inicio dun proceso de democratización da humanidade, e os seus pasos identifícanse miticamente coas idades de Prata, Bronce e Ferro.

Antropogonía ou creación humana