San Miguel de Celanova, século X (Ourense)

É a pesar das súas pequenas dimensións, o mellor expoñente da arquitectura galega do século X. A súa superficie e a súa altura non son propias dunha igrexa monacal, senón máis ben dunha capela ou dun oratorio privado. Máis a súa calidade construtiva é excepcional; o aparello de sillería asentada en seco , as cubricións (bóveda de canón na nave, nervada no cruceiro e de cascarón gallonado na ábsida) o cuidado nas proporcións e nos elementos decorativos, monstránnos un maestro de obras e un taller (probablemente mozárabes venidos do sur) coñecedores da arte islámica. (Fonte: Ana Rey)

Aparello de perpiaños de granito de gran calidade, disposto, aínda que irregularmente, a soga e tizón asentada a oso.

A planta é unha simplificación de tipo cruciforme. Consta de tres corpos - nave, cruceiro e ábsida- a diferentes alturas, aínda co protagonismo o ten o cruceiro central cuberto con unha bóveda de aristas sobre arcos apoiados en modillóns de rolos, reforzada no exterior con contrafortes.

A nave á que se accede pola porta principal, cúbrese con

bóveda de canón (moi reducida), o mesmo ca ábsida

(rectángular ao exterior e circular polo interior)

que ábrese ao cruceiro por medio dun arco de

ferradura enmarcado por un alfiz.

O pavimento é de mosaico, con

decoración vexetal, seguindo modelos musulmáns.

Comentario

Alero con modillóns de rolos que se decoran alternativamente con rodas de radios curvos aos lados e sinxelas rosetas de seis pétalos.