As linguas indoeuropeas

O noso coñecemento de diferentes linguas antigas repartidas por un extenso territorio que abarca desde Europa ata a India e a constatación das súas semellanzas que non poden ser froito do azar, levou aos lingüistas a establecer a hipótese de que todas elas remóntanse a unha única lingua inicial da diferenciáronse co tempo e a separación xeográfica. Esta lingua recibe o nome de indoeuropeo.

Acéptanse con bastante unanimidade as seguintes hipóteses sobre o pobo indoeuropeo:

  • espazo xeográfico no que viviron os primitivos indoeuropeos ocupa as chairas do N. do Mar Negro e as zonas veciñas cara ao Mar Caspio.

  • ámbito cronolóxico é o do IV milenio a. C.

A partir da migración do pobo orixinario, comeza a diferenciación en linguas distribuídas por boa parte de Eurasia. Un núcleo que actúa como foco de atracción e do que despois xurdirán novos movementos de poboación é o territorio do Danubio comprendido nas terras da actual Bulgaria, Serbia e Macedonia con expansión cara ao sur, que era habitado por unha civilización moi desenvolvida da que comezamos a ter máis datos, denominada Vella Europa.

Desta dispersión territorial xorden co tempo novas linguas das que derivaron moitas delas actualmente faladas en Europa. Na seguinte táboa enumeramos algunhas das máis relevantes que chegaron aos nosos días.

Fonte: Rubén Martínez