O aguador de Sevilla.

Catalogación

Autor: Velázquez

Cronoloxía: 1620

Estilo: barroco

Técnica: óleo

Soporte: lenzo 1,05 x 0.80 m.

Localización: Wellington Museum (Londres) Esta obra rescatada por Wellington do equipaxe de José Bonanaparte en 1813 e levada a Londres. Foi cedida por Fernando VII ao xeneral inglés polos servizos prestados a España.

Probablemente é a obra mestra da etapa sevillana na cal aparece como modelo un corso chamado "El Corzo", tipo entonces popular en Sevilla.

No cadro destaca unha espiral luminosa que, partindo do cántaro do primeiro termo (que Velázquez sitúa fora do cadro, xa no espazo do espectador) e pasando pola alcarraza máis pequena, colocada sobre unha mesa ou banco (a súa vez portadora dunha taza branca), conclúe nas tres cabezas dos personaxes, por orden de idades, terminando polo vello aguador.

Este mentres saca a man esquerda do espazo da escena, para suxeitar o asa do cántaro grande (asombrosamente pintado, con detalles de impregnación e gotitas de "suor" insuperables), tende coa dereita unha grande e elegante copa de cristal fino chea de auga transparente, en cuxo fondo se ve a silueta dun figo, dentiando segundo os comentarists a perfumar a auga, " de virtude salutífera". Un neno coa cabeza levemente inclinada, se apresta respectuosamente a coller a copa; polo seu traxe escuro e o seu pescozo parece persoa de cera condición. Entre a cabeza de ambos se interpone na penumbra, a dun mozo de máis idade, que bebe avidamente dunha xarrilla de vidrio.

Domina na escena a inmobilidade. O cuidado do dibuxo e materia están levados ao extremo. A gran novidade do cadro é a rotura do cadro, esa apertura do espazo do marco cara ao espectador.

Utiliza tonos cálidos: marróns, ocres, vermellos. Aplica a cor con pinceladas minuciosas, a base de pequenos toques, moi distinto da factura de obras posteriores, especialmente despois da súa viaxe a Italia.

A iluminación desde a esquerda, desde un punto externo, crea un poderoso claroscuro. A luz describe una espiral que, partindo do cántaro e pasando pola garrafa, conclúe nas tres cabezas que quedan así conectadas aínda que nin sequera se miren, só as mans coinciden suxeitando a copa que ven ser o centro da composición.

Tecnicamente inscríbese nun naturalismo tenebrista barroco que se difunde desde Italia. Procura dominar o natural, lograr a plasmación das calidades e dos volumes por medio dunha luz dirixida e dando a mesma importancia ás figuras e ós obxectos.