A N.E.P.

A necesidade de reactivar a economía impulsando os diferentes sectores produtivos fixo que unha vez rematada a guerra, o Partido Comunista debatise os medios para logralo. Estas foron as teses sostidas por Lenin:

"Por que e en que condicións o poder soviético admite o capitalismo e as concesións. O imposto en especie, naturalmente, significa que o campesiñado ten liberdade de dispoñer dos sobrantes que lle quedan despois de pagar o imposto. Mentres o Estado non poida ofrecer ao campesiño produtos da fábrica socialista a cambio de todos estes sobrantes, a liberdade de comerciar cos excedentes significa inevitablemente liberdade de desenvolvemento do capitalismo. Non obstante, dentro dos límites indicados, isto non representa perigo ningún para o socialismo mentres o transporte e a gran industria sigan izas mans do proletariado. Ao contrario, o desenvolvemento do capitalismo controlado e regulamentado polo Estado proletario dicir, do capitalismo <de Estado> neste senso da palabra) é ventaxoso e necesario (claro que só ata certo punto) nun país de pequenos campesiños, extraordinariamente arruinado e atrasado, porque pode acelerar un desenvolvemento inmediato da agricultura polos campesiños. Con máis razón pode dicirse o mesmo das concesións: sen desnacionalizar, o Estado obreiro dá en arrendo determinadas minas, bosques explotacións petrolíferas, etc., a capitalistas estranxeiros, para obter deles instrumental e máquinas suplementarias que nos permitan apresurar a restauración da grande industria soviética

Ao pagar aos concesionarios unha parte de produtos de gran valor, o Estado obreiro abona sen dúbida un tributo á burguesía mundial; sen disimulalo o máis mínimo, debemos comprender claramente que nos convén pagalo con tal de apresurar a restauración da nasa gran industria e conseguir unha mellaría da situación dos obreiros e dos campesiños".

V.I.LENIN: Teses do Informe sobre a táctica do P.C. de Rusia. 13 de Xuño de 1921.

A crise das tesoiras.

As medidas tomadas coa NEP provocaron,debido á súa gran aceptación, unha rápida reactivación da economía. Non obstante esta reactivación trouxo consigo desigualdades no comportamento dos prezos agrícolas e industriais, dando orixe á denominada Crise das tesoiras.

A crise das tesoiras (por semellanza da gráfica cunha tesoira que se abre cada vez máis) foi unha clara manifestación do diferente comportamento evolutivo dos prezos agrícolas e industriais durante a etapa no NEP. O máximo distanciamento -setembro de 1923- tivo que ser corrixido mediante unha intervención estatal que conseguiu controlar a situación.