Camille Claudel

Clasificación

  • Título : L’Age mûr o La edad madura.

  • Autor: Camille Claudel

  • Cronoloxía:1898-1899

  • Estilo: Impresionismo/ expresionismo/ símbolismo

  • Material: Bronce

  • Técnica: Utilizou a técnica do baleirado, facía os borradores en barro, os moldes en yeso e logo fundía o bronce.

  • Ubicación: Museo de Orsay (Paris)



ANÁLISE ICONOGRÁFICO

Componse de tres partes constituídas polos personaxes, pódese observar a un home que intenta chegar a unha musa sendo atrapado por unha bruxa. A forma de representar o corpo humano por parte de Claudel é inaudita, consegue recrear a beleza en si mesma. Podemos ver a influencia de artistas como Rodin ou Boucher debido á súa forma realista no trato do corpo humano.

A figura do home, é acollida por unha muller de aparencia desagradable, grazas a un mal xesto facial e gran cantidade de engurras, quen o abraza mentres que detrás queda unha figura no chan implorante, separada do corpo principal que consegue transmitir ese patetismo buscado. A muller situada no chan busca alcanzarlle pero non o consegue, a súa intención é afastarlle da bruxa que quere facer seu.

Poderiamos considerar que o home, tralo paso do tempo, está afastándose da mocidade quen é representada como a muller nova implorante, para deixarse levar pola madurez, personificada como a muller de peor aparencia.

Si non coñecésemos a historia de amor "revelada mediante as cartas enviadas da artista"-, poderiamos interpretar a obra seguindo as idades do home. Tras madurar, damos paso á vellez abandonando a mocidade. Con todo, como sinalamos anteriormente, crese que o home representa a Rodin mentres que a bruxa remite a Rose Beurut, quen supuxo un obstáculo entre a artista e o seu admirado ensinante, mentres que o personaxe atrasado na marcha, recorda á mesma Camille suplicando a relación co artista. Por iso, considerouse a obra de forma autobiográfica.

ANÁLISE FORMAL

A composición ten unha forma diagonal, acentuada polas extremidades das figuras e os corpos que descenden caéndose. Doutra banda, respecto ao soporte, podemos ver como o tratamento do chan non é o máis traballado. Este debería de transmitir firmeza mentres que transmite erosión. As figuras transmiten paixón e acción. É unha escena moi dinámica como se pode ver no tratamento das vestimentas axitadas, parece que vaian separarse en calquera momento, xa que capta o instante anterior da separación dos corpos.

As figuras espidas están envoltas en drapeados que acentúan a rapidez da marcha. As grandes oblicuas convergen en perspectiva.

Así falaba dela Paul Claudel: [...] esa rapaza espida é a miña irmá. A miña irmá Camille, implorante, humillada, de xeonllos, ela tan soberbia, tan orgullosa, e sabes que o que se lle está quebrando, nese mesmo instante, diante dos vosos ollos, é a súa alma.