1. As causas da Segunda Guerra Mundial

Política de forza da Alemaña

    • Abandono da SDN

    • Anexión do Sarre

    • Remilitarización de Renania

Alianzas entre Italia-Alemaña-Xapón

    • Eixe Roma-Berlin

    • Pacto antikomintern (con Xapón)

    • Pacto de aceiro (1939 Alemaña-Italia)

Expansionismo de Alemaña nazi

    • Anschluss (Austria)

    • Agresións italiana (Abisinia) e xaponesas (Manchuria)

    • Debilidade das democracias: Conferencia de Munich (aceptación por parte de Francia e Gran Bretaña da ocupación dos Sudetes)

Nas imaxes vemos como o primeiro ministro Chamberlain de Inglaterra, o primeiro ministro Daladier de Francia, e o Duce chega á cidade engalanada para tratar o tema de Checoslovaquia.

Asinado por Alemaña, Italia, Francia e Gran Bretaña en Munich o 29 de setembro de 1938 co obxectivo de pór fin ao conflito xermano-checoslovaco, implicaba a aceptación por parte británica e francesa das demandas territoriais de Adolf Hitler, consistentes na cesión dos Sudetes, unha rexión de Checoslovaquia limítrofe con Alemaña na que residía unha importante minoría de poboación alemá que, alegando a discriminación que sufría por parte do goberno checoslovaco, iniciara un movemento separatista fomentado desde Berlín. O pacto asinouse co obxectivo de evitar unha guerra para a cal o exército alemán estaba xa preparado.

A cesión dos Sudetes xa fora acordada polos signatarios do Pacto nas negociacións previas, que deran comezo en agosto de 1938. Gran Bretaña e Francia, que desexaban evitar unha nova guerra a calquera prezo, cederon ante Hitler a cambio de que este se comprometese a non esixir a soberanía sobre máis territorios europeos. O primeiro ministro británico, Arthur Neville Chamberlain, confiaba en que estas concesións alentarían a Alemaña a establecerse como unha potencia pacífica dentro de Europa. O Pacto, asinado por Chamberlain, o presidente do Consello francés (primeiro ministro) Édouard Daladier, Adolf Hitler e Benito Mussolini, determinaba unicamente as condicións baixo as cales habería de realizarse a cesión.

Tamén Polonia e Hungría conseguiron gran parte do territorio checoslovaco que

ambicionaban. Ao insistir en que a comisión internacional manexase os datos do censo establecido en 1910 polo Imperio Austro-Húngaro en lugar dos do censo checoslovaco de 1930, Alemaña reclamou outras áreas poboadas maioritariamente por checos.

A opinión pública europea dividiuse profundamente ante a Conferencia de Múnic. Par uns, esta reunión fora unha claudicación imperdoable das democracias occidentais ante o expansionismo alemán. Para outros, non fora unha claudicación, senón un esforzo para garantir a paz e afastar de Europa o perigo dunha nova guerra.

Os feitos deronlle a razón os primeiros, xa que a aceptación das condicións impostas polo Führer non serviu para deter o expansionismo alemán . Os alemáns marcharon sobre Checoslovaquia en marzo de 1939 e a maior parte do país pasou a constituír o protectorado alemán de Bohemia-Moravia, co cal quedou anulado o Pacto de Munich. Ademáis en setembro do mesmo ano as tropas nazis ocuparon Polonia. Foi o inicio da Segunda Guerra Mundial.

Chamberlain, Daladier, Hitler e Mussolini ( Múnic 1938)