Apolo e Dafne

Catalogación

Título: Apolo e Dafne

Autor: Gian Lorenzo Bernini (Nápoles 1598- Roma 1680)

Cronoloxía: 1622-1625

Estilo: barroco.

Tipoloxía: escultura exenta

Material:mármore

Tema: mitolóxico

Localización: Galleria Borghese (Roma)

Biografía do autor

Bernini foi o escultor e arquitecto máis sobresaínte do Barroco italiano. Bernini aprendeu o oficio co o seu pai Pietro, un recoñecido escultor manierista. Este puxo en contacto ao seu fillo con importantes mecens, coma o cardenal Scipione Borghese, para quen traballou con pouco máis de vinte anos, mostrando un sorprendente e precoz dominio técnico.

Tra o nomeamento do papa Urbano VIII, en 1623, Bernini converteuse no principal arquitecto e artista da corte pontificia e de Roma, asumindo numerosos encargos, entre os que destaca o seu famoso baldaquino da básilica de San Pedro do Vaticano. En 1644, a chegada do papa Inocencio X trouxo unha certa parálise na súa traxectoria, que Bernini recuperou co nomeamento de Alexandre VII.

Descrición formal

Sobre unha base rochosa elévanse os corpos xuvenís de Apolo e Dafne. O primeiro, captado xusto no momento de tocar á súa amada, e ela, sorprendida no preciso instante da súa metamorfose en loureiro. O conxunto ten unha composición dinámica e helicoidal, visible sobre todo na curvatura que adquire a anatomía en transformación de Dafne.

O principal valor desta peza reside na extraordinaria habilidade do artista, que foi capaz de transformar un frío e estático bloque de mármore, nunha imaxe de máxima tensión e movemento, provocando que o espectador poida intuír a secuencia da historia. Iso queda perfectamente plasmado na figura da ninfa, cuxos pés, pernas e mans van adquirindo unha morfoloxía vexetal.

O traballo escultórico é dunha gran calidade, e aínda que deseñado para ser observado desde un único punto de vista privilexiado, Bernini traballou tamén ata o máis mínimo detalle con gran precisión. Este aspecto tradúcese nunha boa captación da expresividade dos rostros - sobre todo o de Dafne-, e na magnífica diferenciación de texturas paraa representar as rochas e o loureiro que medra, e extremadamente suaves e puídas para reforzar a sensualidade das anatomías de ambas as dúas personaxes.

Bernini traballou o potencial dramático da luz, creando numerosas zonas de claroscuros mediante estratéxicas incisións, coma o maior baldeirado dos ollos. Neste sentido, tamén é destacable o tratamento das texturas do mármore, adquirindo unha maior brillantez nas partes puídas dos corpos.

Temática

Eros, enfadado con Apolo por se ter burlado do seu dominio co arco, decidiu lanzar as deus unha frecha de amor coa punta de ouro, e unha frecha rexeitando coa punt de chumbo á ninfa Dafne. Apolo perseguiu á ninfa polos bosque ata que, acurralaa, pediu axuda ao se pai, o río Peneo, que a transformou en loureiro (dafne en grego). Tendo que renunciar á rapaza, Apolo decidiu facer unha coroa de loureiro coas súas follas e levala sempre consigo para coroar aos poetas e mais aos militares vitoriosos.

Durante a Idade Media, o mito pagán foi interpretado como símbolo de castidade, identificación que foi común ata o século XVII. Quizais con este argumento xustificaría o cardeal Borghese a presenza de dita estatua no seu palacio.

Con todo, debido ás críticas de relixiosos máis puritanos, o cardeal engadiu á base da escultura un díptico que aconsella acerca das desgrazas derivadas do amor impetuoso: " O amante que busca o pracer da beleza fuxitva/ enche as mans de follaxe ou colleita bagas amargas"

Modelos e influencias

Bernini recolleu a herdanza do Renacemento, mantendo o punto de vista único e recuperando temáticas mitolóxicas, e combinouno co uso dos artistas manieristas, como Giambologna, polo dinamismo e a complexidade compositiva.

Por iso, rompeu coas restricións impostas polo uso dun único bloque de mármore, chegándoo a mesturar, nunha mesma escultura, con bronce.

A obra de Bernini está considerada o paradigma da escultura barroca, escurecendo o traballo de calquera escultor contemporáneo e marcando bo parte do devir da escultura occidental durante todo o século XVIII ata a chegada do Neoclasicismo.