Imaxes da Gran Depresión

Dorothea Lange é unha das principais íconos da fotografía directa: foi a encargada de retratar os rostros que sufriron a crueldade da denominada: "Gran Depresión".

Eses seres mugrientos, avellentados, desdentados, cos pés descalzos e sucios, vestidos con sacos de cereal remendados, que devolven ao observador a mirada da

derrota e a degradación, eran cidadáns do país máis rico do mundo. E non fai tanto tempo: os nenos de entón poden seguir aínda vivos. A Gran Depresión puxo a proba o

mito da prosperidade sen fin do american way of life e demostrou que o país das oportunidades non llas ofrecía a todos por igual, senón que a moitos reserváballes

humillación, inxustiza e crueldade. Cando hoxe contemplamos imaxes de homes e mulleres do chamado "terceiro mundo" sumidos na pobreza e a humillación -pois ningún

ser humano debería vivir así- tendemos a dar por feito que esa pobreza correspóndelles, que é parte do que son. Pero só é o que a pobreza fixo con eles e podería facer

con calquera de nós.

Máis fotografías