Unha nova sociedade industrial

Fuente : blog de Pedro Oña

A DISTRIBUCIÓN DA RENDA EN 1867

GASTOS DUNHA FAMILIA OBREIRA, 1841

Os gráficos mostran o desequilibrio na distribución da riqueza en Gran Bretaña durante o 1867. A pequena burguesía é o único grupo social en que o seu peso demográfico correspóndese aproximadamente coa riqueza que posuía.

Os traballadores manuais son os que se encontraban na peor situación porque malia superar o 74% da poboación só alcanzaban a reter un 39,1% da renda británica.

Pola contra, a clase media posuía unha riqueza moi superior á súa achega demográfica. Aínda que representaba só o 0,5% da poboación concentrada o 10,6% da renda.

Máis significativo é o caso da alta burguesía e a aristocracia que posuía o 26, 3% mentres que a súa importancia demográfica é testemuñal.

Estes datos indícannos a clara polarización da sociedade, pois mentres a aristocracia e a alta burguesía podían vivir na opulencia, os traballadores manuais encontrábanse na maioría das ocasións moi preto do límite de subsistencia.

Fontes: Vicens Vives

O nivel de gasto dunha familia obreira en 1841 era claramente de subsistencia, xa que lles dedicas case todo o diñeiro aos produtos básicos, sobre todo comida, cun gasto do 50,1 % que ascende un 60,3% se incluímos te, café, azucre e tabaco.

En alugueiro e produtos para o fogar gastábase arredor do 19,7% dos ingresos, mentres que o 20% restante era destinado a vestimenta e lecer.

Fuente: Blog de Pedro Oña

Explotación laboral e condicións da clase obreira (finais S. XIX)

Película DEANS