2.2 A zona sublevada: a creación dun Estado totalitario

Franco e os nacionais ' 8:00

Francisco Franco tivo unha meteórica carreira militar que o converteu en 1926 no xeneral máis novo de Europa. Serviu ao goberno da República dirixindo a represión do levantamento revolucionario de Asturias, en outubro de 1934, e posteriormente comandou as forzas da Lexión. Participou no pronunciamiento do 18 de xullo de 1936 e pronto se erixiu en guía e xefe absoluto do bando nacional, colocando baixo o seu mando, como xeneralísimo, a todos os exércitos. A vitoria dos nacionais deu inicio a case corenta anos de goberno autoritario que converteron o franquismo na ditadura máis longa de Europa durante o século XX.