Tema e argumento da Odisea

TEMA. O accidentado regreso a Ítaca de Ulises

ARGUMENTO. Na Odisea cóntanse as aventuras de Odiseo, un heroe intelixente e astuto, aconsellado pola deusa Atenea, que sabe resolver as situacións difíciles con enxeño e un dos heroes gregos que foi a Troia, o que planificou a tóma da cidade co gran cabalo de madeira. A súa volta á súa patria, Ítaca, non foi fácil, tivo numerosas aventuras nun longo e difícil viaxe no que perdeu aos seus compañeiros. Coñecemos tamén a situación do palacio de Ítaca, onde a súa fiel esposa Penélope espérao. Aparece unha civilización máis avanzada con numerosos elementos novelescos.

ESTRUTURA. A súa concepción é algo máis complexa que a da Ilíada. Presenta tres ámbitos temáticos:

    • Aventuras de Odiseo por terras descoñecidas con enfrontamentos a monstros e bruxas.

    • Viaxe do seu fillo Telémaco para pescudar o paradero do seu pai.

    • Loita de Odiseo cos pretendientes de Penélope en Ítaca.