Por que é necesaria unha lei de reforma agraria?

INFORME DE JOVELLANOS PARA UN PROXECTO DE REFORMA AGRARIA

En 1793 o escritor e político ilustrado, Jovellanos, redactou un informe por encargo da Real Sociedade de Amigos do País de Madrid, no que se recollen algunhas propostas para reformar a agricultura española. O texto é coñecido co nome de Informe sobre a Lei Agraria en el reflíctese unha mentalidade característica de moitos ilustrados: ideas fisiócratas e próximas ó nacente liberalismo económico.

“(...) O primeiro obxecto das Leis Sociais será sempre protexer o interese individual; este interese unha vez protexido aumenta infaliblemente a riqueza particular; desta riqueza nace sen violencia e aliméntase a riqueza pública; e só cando un Estado se fixo por medio dela rico e poderoso, é capaz de loitar contra a natureza, vencela e mellorala.

Por outra parte, seguín naturalmente a orde que ían tomando as miñas ideas. Sentado unha vez o principio, ¿Quen podía prescindir un só instante dos erros que se lle opoñían? Os baldíos, as terras dos Concellos, presentábanse inmediatamente diante do tribunal da razón; e en pos deles o desamparo e abertura das herdades privadas. A Mesta e os demáis artigos de protección parcial, que fan a guerra ó dereito de propiedade individual, saían tamén o paso. O monstruo da amortización que continuamente traga e engule (á propiedade individual), aparecía ó seu lado; e era difícil perdelo de vista sen descubrir outros monstruos políticos, esto é, o monopolio tan ben atopado nos embarazos do comercio dos froitos, e as Rendas provinciais inimigas deste comercio, como de toda boa industria”.

Comentario de texto

O informe de Jovellanos, redactado cando xa se producirá a Revolución Francesa e se impuxera en España unha política contraria a calquera reforma que puxese en perigo a orde establecida, tiña escasas posibilidades de ser tomado en consideración, pero reflicte a ideoloxía característica dos ilustrados, conscientes da necesidade de cambios e que esperaban convencer con argumentos ben razoados aos gobernantes para que promovesen as reformas que eles consideraban imprescindibles.

Na España do Antigo Réxime a maioría das térras dependían da Igrexa, da nobreza ou dos concellos e comunidades campesinas; estas últimas —os baldíos e térras dos Concellos— eran aproveitadas para o pastoreo, recollida de leña, etc. cunha baixa produtividade xa que ninguén en particular se preocupaba de mellorar o que era de todo o mundo. Outro dos atrancos que sinala para o progreso económico é a pervivencia de privilexios da gandería (a "Mesta") que obstaculizaban tamén os dereitos dos propietarios privados. A Mesta era unha agrupación dos principais propietarios de rábaños de ovellas de España (bispos, grandes títulos nobiliarios, mosteiros,..) que conseguían grandes beneficios exportando la e utilizando moi pouca man de obra (gandería trashumante extensiva ó coidado duns poucos pastores). Desde a Idade Media conseguiron importantes privilexios como a prohibición de que os campesiños puxesen balados ás súas terras para que non dificultasen o paso dos rabaños. Os privilexios da Mesta viñan sendo denunciados polos ilustrados como un dos principais atrancos para o progreso da agricultura. Outro dos atrancos que denuncia Jovellanos é a pervivencia das propiedades de orixe feudal que non se podían vender nin mercar (a "amortización”), fundamentalmente as da Igrexa que supoñían en torno á terceira parte do total das terras do país, e que non facían máis ca medrar. A finais do século XVIII realizouse xa unha pequena desamortización -venda de bens eclesiásticos-aínda que as grandes desamortizacions realizaranse coa revolución liberal durante o século XIX (Mendizábal e Madoz). Jovellanos denuncia tamén a ausencia de liberdade de comerciar (" monopolio... do comercio...") ou a existencia de tributos e impostos diferentes en cada provincia ("Rendas provinciais") que dificultaban os negocios dos comerciantes ou dos industriais. No Antigo Réxime non existía liberdade de empresa (é unha característica do sistema capitalista que se implantou a partir da revolución liberal) senón que a actividade industrial estaba regulada polos gremios de orixe medieval ou, nalgúns casos, pola monarquía —polo gobernó— que podía autorizar unha determinada compañía comercial ou unha industria ó marxe dos gremios, case sempre en réxime de monopolio, é dicir, prohibindo que ninguén máis se adicase á mesma actividade: en calquera dos casos non se permitía a libre competencia nin a liberdade de prezos. No século XVIII so se chegou a establecer a chamada "contribución única" nos territorios do antigo Reino de Aragón (Cataluña e Valencia) mentres que no Reino de Castela, o máis extenso, continuaron manténdose múltiples tributos, diferentes en cada territorio que constituiron un serio obstáculo para o comercio.

O informe de Jovellanos, ademáis de seren unha manifestación do pensamento ilustrado (crítica razoada da situación, demanda de reformas, defensa da agricultura como principal fonte de riquezas —fisiocracia— etc.) anuncia xa o pensamento liberal que acabará por triunfar durante o século XIX: defensa da propiedade e da iniciativa privada.

(Lima, 1725- Baeza,1803) foi un teólogo e xurista que iniciou a súa carreira en América e que foi nomeado intendente de Sevilla en 1767. Alí, co apoio de Campomanes e Aranda, dirixiu o proxecto de colonización de Serra Morena, que logrou sacar adiante pese as moitas dificultades. Tamén foi o autor da reforma do plan de estudos de Universidade, ademais doutra melloras na capital andaluza. Mais o seu talante reformista, moi avanzado incluso dentro dos círculos ilustrados, suscitou o rexeitamento de influíntes personaxes, que lle acusaron ante a Inquisición. Procesado, encarcelado e condeado, logrou fuxir a Francia en 1780, despois de que o seu proceso houbera levantado fortes protestas en toda Europa. Tras vivir a revolución en París, foi tamén encarcelado polos xacobinos en 1794. Despois de sair de prisión, Godoy lle permitiu regresar a España en 1798 e otorgoulle unha pensión, coa que poido vivir os seus últimos anos retirado da actividade pública.

Os problemas da agricultura española no século XVIII según os ilustrados que elaboraron o informe par unha Lei Agraria

    • A dificultade para entrar no circuíto económico de gran cantidade de terras por atoparse amortizadas.Iso quere dicir que están vinculadas a determinadas persoas ou títulos nobiliarios mediante morgados, comunidades, etc., o cal impide a súa venda .

  • O desigual reparto da propiedade da terra:

a) Nunhas zonas (Galicia, Asturias, etc.) a excesiva atomización das propiedades dificulta a existencia duns excedentes agrícolas e incluso o mantemento das familias.

b) Mentres que noutras (Andalucía, Castela, Estremadura, etc.) a concentración de enormes porcións de terreo en poucas mans motiva un deficiente aproveitamento dos campos e a existencia de grandes áreas incultas.

  • A todo iso débese engadir a falta de infraestruturas axeitadas para o mellor aproveitamento das augas e, en consecuencia, dos campos.A escaseza de gabias, canles e pantanos deixa moitos terreos baldíos ou moi por debaixo das súas posibilidades de explotación.

  • A falta de articulación dun mercado dos produtos agrícolas é tamén un lastre para o sector, que se ve en grandes dificultades á hora de colocar os seus excedentes e obter, así, beneficios.

  • A iso contribúe a deficiente rede de transportes e de estradas, que resulta do todo escasa e precaria.

  • A despoboación do medio rural é tamén un problema subsidiario nalgunhas zonas. A imposibilidade de acceder á propiedade das terras, por estar baixo o réxime de mans mortas , ou ben polos prezos prohibitivos existentes, orixina o desprazamento da poboación a outras zonas ou ó medio urbano.

As propostas dos ilustrados, para impulsar unha Lei Agraria, determinan unha serie de cambios profundos na propiedade da terra e na dinámica da economía:

a) Por un lado, destaca a esixencia de cambios na lexislación: debe liberalizarse o mercado das terras e permitir o acceso á propiedade a máis persoas. Iso incrementará enormemente a superficie de cultivo e tamén o seu aproveitamento .

Neste sentido, o réxime de mans mortas é un obstáculo ó progreso e debe ser transformado (lembremos que preto do 80% da superficie cultivable se atopaba fóra do mercado).Ademais, os cambios nas leis deberían descargar de tributos ós traballadores do campo, que se atopaban sometidos a gran cantidade de impostos e obrigas, así como dotalos de máis liberdade á hora de decidir os cultivos e os sistemas utilizados .

b) Por outro, propoñen a construción de infraestruturas necesarias para o desenvolvemento da agricultura (canles, pantanos...).Tamén propoñen unha mellora dos transportes e as comunicacións entre as diferentes zonas favorecendo así o comercio e, xa que logo, o progreso agrícola e económico en xeral .

e) Noutra orde de cousas, os ilustrados están firmemente convencidos de que o atraso de España se debe en boa parte á falta de educación das súas xentes .Por iso propóñense incrementar o nivel cultural da poboación a fin de asegurar o progreso material do país. Para conseguir os seus obxectivos os ilustrados intentaron levar a cabo unha serie de reformas no terreo económico (limitar os privilexios da Mesta, colonizar novas terras).Tamén levar a termo unha reforma agraria, fomentar o transporte e a libre circulación de mercadorías, fomentar a actividade industrial, moderar a política impositiva, aplicar en España as novas técnicas e teorías xa ensaiadas no estranxeiro, etc.)

No ámbito social (extensión da instrución pública obrigatoria, defensa das prerrogativas civís sobre as eclesiásticas, etc.).

Algunhas delas deron resultados positivos: a Libre circulación de grans de 1765 e a fin do monopolio do porto de Cádiz, que iniciou a liberalización do mercado colonial, permitiron unha maior redistribución das mercadorías.Ademais asináronse tratados comerciais que protexeron os produtos nacionais da competencia exterior; fundáronse Sociedades Económicas de Amigos do País.Estas institucións permitiron estudar e determinar a.situación de moitas zonas do país, coñecer as súas capacidades e as súas necesidades.

Limitouse a corrupción na Administración, avanzouse na instrucción pública, limitáronse as prerrogativas da Igrexa e fomentáronse as actividades comerciais, agrícolas e industriais.

Sen embargo, o reformismo económico ilustrado implicaba, para a consecución dos seus obxectivos, socavar os alicerces da sociedade estamental e, en última instancia, da mesma monarquía absoluta.A eliminación das trabas que o vello réxime señorial impoñía ó desenvolvemento da economía non afectaba unicamente ó ámbito económico, senón que supoñía acabar coa estrutura sobre a que descansaba o Antigo Réxime: desigualdade civil, privilexios, estamentos sociais estancos, etc.

Por todo iso, e malia os ilustrados realizaren unha análise acertada das necesidades da agricultura española do século XVIII , as solucións a penas pasaron da formulación teórica. O peso da nobreza e da Igrexa e os límites do reformismo borbónico, para nada interesado en socavar os seus propios alicerces, imposibilitaron a posta en práctica das propostas ilustradas.