A arte visigoda

Caracterízase pola continuidade do romano, xunto a un cristianismo orientalizado, sen esquecer as achegas ornamentais xermánicas.

As igrexas visigodas teñen plantas diversas: cruz grega, basilicais de tres naves, cun ou tres ábsides e cabeceras planas, e outras de tipo mixto; presentan unha gran compartimentación do espazo interno por razóns litúrxicas e xerárquicas que se manifesta ao exterior mediante volumes de diferente altura. O altar separabase do resto do templo mediante o iconostasio.

Na súa construción utilízanse muros de sillería, columnas clásicas, arcos de ferradura (non tan pechados como os musulmás), bóvedas variadas e unha decoración de relevos nos chapiteis e nalgúns frisos realizada con técnica a bisel e estética tosca, plana e estilizada na que aparecen algunhas escenas figurativas.

San Pedro da Nave: frontalidade e simetría

Sacrificio de Isaac

Daniel no foso dos leóns

San Xoán de Baños (s. VII)

San Pedro da Nave (S. VII)

Santa Comba de Bande

Planta basilical, tres naves e cabeceira

tripartita recta. Pórtico saínte de entrada.

Fusión da planta basilical coa de cruz.

Tres naves e cruceiro marcado en planta.

Planta de cruz