Pórtico de la Gloria

Ficha técnica

Título: Pórtico da Gloria.

Autor: Mestre Mateo e o seu obradoiro (documentado entre 1161-1217).

Cronoloxía: 1168-1188

Estilo: románico tardío.

Tipoloxía: relevo e figura exentas pegadas.

Materiais: granito e mármore.

Tema: bíblico, Apocalipsis de San Xoán.

Localización: pórtico occidental da Catedral de Santiago de Compostela

Biografía do autor

O mestre Mateo era arquitecto e escultor. Sábese que se formou en Ávi­la e que coñecía as técnicas de cons­trución empregadas en edificios fran­ceses tales como a Madeleine de Vézelay, Saint-Sernin de Tolouse ou as catedrais de Charthes e Reims, que na­quel momento se estaban a construir.

Permaneceu en Santiago desde 1168 a 1217, e foi autor do Pórtico da Gloria e da cripta, así como do Trifo­rio do piso superior.

O mestre Mateo marcou o final do románico en escultura iniciando a transición ao gótico, e influíndo nas obras do Noroeste de España. Ade­mais, atribuíronselle algunhas escultu­ras vinculadas á Cámara Santa de Oviedo e a San Isidoro de León.

Descrición formal

Se temos en conta que algunhas das características da arte románica son a adaptación ao marco arquitectó­nico, o horror vacui, a fidelidade á na­rración bíblica, o uso da policromía, o hieratismo, a xerarquización das per­sonaxes e a solemnidade, podemos asegurar que o estilo desta obra está máis preto do románico que do gótico.

Polo contrario, as influencias de elementos góticos pódense comprobar no dinamismo das personaxes, a rela­ción entre elas, o detalle e o naturalis­mo dos rostros.

O pórtico divídese en tres arcos. O arco central é o máis grande, ademais é o único que ten tímpano e está divi­dido por un parteluz -columna cen­tral- coa figura do apóstolo Santiago. A nivel horizontal, distínguense tres franxas ou rexistros: o inferior corresponde ás bases das columnas e está decorado con animais fantásticos; o medio está formado polas columnas coas estatuas pegadas dos apóstolos; na franxa superior sitúanse os tres arcos que coroan as portas.

Quen é quen?

Lendo de abaixo a arriba, na base do parteluz, aparece a árbore xene­alóxica de Xesús (árbore de Jesé) ao que lle seque a fi­gura de Santiago, vestido de pere­grino, situado aos pés de Cristo, representado xa no tímpano.

Visualmente, seguindo desde a ba­se do parteluz ao tímpano, o especta­dor pasou da representación do ámbito terreal ao celestial.

No centro do tímpano está Cris­to, rodeado dos catro Evanxe­listas, ou tetra­morfos . Á súa vez, estes están acompañados de anxos, cos sím­bolos da Paixón de Xesús (a co­lumna, coroada de espiñas, un xe­rro de auga, cravos, a lanza, unha cana con esponxa e a cruz) e unha representación dos elixidos de Deus para compartir o Paraíso . Nas ar­quivoltas esculpíronse os 24 anciáns da Apocalipse celebrando a gloria ce­lestial.

Na porta lateral esquerda, repre­séntase a Cristo con Adán e Eva, Noé, Moisés, Abraham e algúns profe­tas do Antigo Testamento. Na porta dereita, descríbese o Xuízo Final: Cristo e o arcanxo San Miguel indí­cannos que á súa dereita se situarán os elixidos e á súa esquerda os conde­nados ao inferno.

Detalles

A restauración do Pórtico da Gloria

Na parte posterior do parteluz, é dicir, de cara ao altar, distínguese unha efixie que sempre foi identificada como a do mes­tre Mateo, autor do conxunto. Según os estudos do catedrático de Historia da Arte, da Universidade de Santiago, Alfredo Vigo Trasancos, a figura non representaría ao mestre Mateo senón o “pobo de España e Galicia, agora convertido ao cristianismo por Santiago".

Modelos e influencias

Son numerosas as portadas monumentais que se construíron na época romá­nica, sendo a de Moissac un punto de referencia pola súa cronoloxía (1110­-1115) e a súa ordenación.

O mestre Mateo tomou como mo­delo para o Pórtico da Gloria a portada da igrexa da Madeleine de Vézelay, da que imita a divi­sión en tres arcos, o uso do parte­luz e sobre todo a disposición das figuras.

A obra do mestre Mateo influíu nunha serie de obras posteriores, sobre todo na escultura galega, co­mo na portada da igrexa de San Martín de Noia, e no chamado Pór­tico do Paraíso da catedral de Ou­rense, cuxa portada occidental re­produce a estrutura compostelá.