O xardín das delicias

BIOGRAFÍA DO AUTOR

Hieronymus van Aeken é coñecido coma El Bosco polo nome da súa vila natal.

Casado cunha muller de familia acomodada, desenvolveu unha prestixiosa carreira pictórica na súa mesma localidade, que, aínda que bastante apartada de grandes cidades, era rica e cunha animada vida cultural e artística.

El Bosco foi católico ortodoxo e membro dunha irmandade relixiososa local, cuxa forte crenza trasladou ás súas obras con estraños e ocultos significados relixiosos.

Na súa época, o artista flamengo gozou degran sona e, cincuenta anos despois da súa morte, as súas pinturas foron coleccionadas polo rei de España Filipe II.

CATALOGACIÓN


Título: Tríptico do xardín das delicias.

Autor: O Bosco

Cronoloxía: finais século XV – inicios do século XVI.

Estilo: pintura flamenga – Países Baixos.

Técnica: óleo sobre táboa + grisalla.

Localización: Museo do Prado



A obra foi encargada por un membro da casa de Nassau, logo pasou a mans de Guillermo de Orange a quen llo confiscaron os españois -duque de Alba- e finalmente adquiriuno Felipe II nunha almoeda coa idea de envíalo ó mosteiro do Escorial onde estivo ata a Guerra Civil cando o levaron ó Museo do Prado.

Descoñecemos o título orixinal, Filipe II definiuno como unha obra sobre a "variedade do mundo", mentres que o bibliotecario do Escorial referiuse a ela como "táboa da gloria vana e breve gusto da fresa e o madroño". A denominación actual foi fixado no século XIX tomando como referencia a táboa central.

Trátase dun tríptico, polo que vemos unha representación cando está aberto e outra cando está pechado.

Descrición formal

O tríptico presenta en cada unha das súas tres táboas un mesmo esquema com­positivo. O espazo escénico divídese en tres franxas horizontais superpostas que lle permiten ao artista conseguir unha gran profundidade de campo. Ademais, no caso de dúas delas -central e esquerda- a fonte establécese como eixe de simetría.

Na táboa do "Paraíso", táboa esquerda, ordénanse en ascensión a escena da Crea­ción, unha fonte con animais e un fanta­sioso fondo montañoso. No "Xardín das delicias" (táboa central), superpóñense o grupo de homes e mulleres, o carrusel de xinetes arredor do lago e o estanque do adulterio coas súas estrañas fontes. Final­mente, no "Inferno" (táboa dereita), super­póñense as escenas irracionais de huma­nos cazados por animais, un putrefacto estanque con sorprendentes construcións e unha sórdida e escura paisaxe arquitec­tónica de fondo.

As táboas central e dereita posúen un gran dinamismo grazas á gran cantidade de personaxes e obxectos que aparecen e se interrelacionan, mostrando unha mag­nífica galería de xestos e expresións, to­dos eles tratados con exquisita minuciosi­dade. Un caos aparente, que se contrapón, en cambio, coa orde e equilibrio que reflic­te a táboa do Paraíso.

A súa pintura é plana, case sen apariencia volumétrica, sen claroscuros; non hai perspectiva xeométrica. A iluminación parece fantástica e a composición é moi abigarrada pero precisa. As imaxes están debuxadas con gran precisión e detalles; rico cromatismo, dinamismo expresivo e movemento.

As cores e a luz son aspectos que El Bosco supedita ao tema tratado en cada táboa, co obxectivo de reforzar a idea que nelas quere transmitir. Deste xeito, os tons brancos, verdes e amarelos que domi­nan no Paraíso, e aínda prevalecen na tá­boa central, confiren ás escenas unha gran claridade e serenidade. En cambio, no Inferno úsanse a vermella, a negra e outras tonalidades opacas como a gris, to­das elas próximas ao medo e ao terror.

Temática

Este tríptico mostra dun modo alegóri­co o efémero dos praceres da vida e das terribles consecuencias que derivan deles.

Na táboa central, o pintor escenifica un dos sete pecados capitais: a luxuria. Innu­merables homes e mulleres espidos repro­ducen evidentes actitudes lascivas e se­xuais, con presenza de froitas salvaxes, como as cereixas, as framboesas, os amo­rodos ou as uvas, símbolos da luxuria. Á súa vez, as mazás simbolizan os seos da muller e os peixes, vincúlanse ao órgano fálico.

Nun segundo plano, arredor do lago da Xuventude, xiran os vicios, e no fondo, re­preséntase o Estanque do Adulterio.

Na táboa da esquerda aparece o nacemento de Eva -orixe do pecado- contem­plado por Adán. Na táboa da dereita, des­críbese con minuciosidade o castigo no Inferno, habitado por criaturas grotescas e máquinas de tortura.

Pechado, o tríptico forma a imaxe da creación do mundo no seu terceiro día, dentro dunha esfera de cristal como sím­bolo da súa fraxilidade.

MODELOS E INFLUENCIAS

A orixe da súa minuciosa técnica non é demasiado clara, aínda que a precisión e delicadeza do seu trazo evidencian a herdanza da escola flamenga.

En canto á temática das súas obras, a fantasía grotesca e tur­bulenta de moitas das súas imaxes, parece que ten a súa fonte iconográfica na cultura popular da época, mesturada coas súas fortes conviccións relixiosas.

A través da imprenta, a súa obra chegou a un público máis amplo, tendo algúns imitadores mesmo en vida. No século XX, a orixinalidade e a rareza das súas com­posicións e personaxes tiveron unha grande acepta­ción no movemento surrealista, sendo considerado un dos seus predecesores.