Giotto

Giotto traballou na cidade de Florencia, onde creou un obradoiro que se caracterizou non só pola técnica empregada, o buon fresco, senón polo tra­tamento dos temas e a nova valoración espacial das figuras dentro da pin­tura. Os temas tratados por Giotto e a súa escola seguen a liña de humani­zación vista xa na escultura das catedrais.

A pintura de Giotto é de tema basicamente relixioso: a Virxe e a súa vi­da, Xesucristo e as súas relacións humanas, a vida de san Francisco de Asís (1182-1226), o fundador da coñecida orde mendicante do século XIII. En todas estas representacións tratou de captar a mensaxe do propio san Francisco, que preconizaba unha volta á natureza e á consideración da bondade divina como unha das observancias fundamentais para todo cristián.

As características fundamentais da súa pintura son:

  • Figuras enmarcadas nun contorno real que recordaba á natureza viva.

  • Abandonou os fondos dourados to­talmente asépticos que se empregaban daquela.

  • Preocupáballe plasmar o vo­lume real dos corpos, o seu movemento dentro da composición pictórica.

Malia a novidade que supón a súa irrupción na pintura baixome­dieval, os cambios na técnica compositiva aínda son simples balbucidos, o inicio dun longo camiño que concluíu no Renacemento. Pero a súa her­danza non se esqueceu: a partir do século XIII a renovación da pintura mu­ral procedeu dos pintores das cidades italianas.