Res Novae MMXXIII

Achado Revelador en Montilla: a misteriosa alianza entre César e os Íberos

En 2019, un agricultor cordobés fixo un descubrimento asombroso nas súas terras: un proxectil de chumbo con inscricións que revelaban unha alianza inesperada entre os hondeiros íberos e Xulio César no seu conflito contra Pompeio. Este achado, realizado en Montilla, foi obxecto dun detallado estudo por parte de expertos dá Universidade Autónoma de Madrid e diversos museos, quen confirmaron a súa singularidade na historia arqueolóxica.


A peza de chumbo, cunha lonxitude de 4,5 centímetros e un peso de 71,1 gramos, presenta dúas inscricións crave: "César" e "Ipsca". Estas inscricións, gravadas en substitución no molde antes de solidificar o chumbo, suxiren unha mensaxe política implícita: a lealdade do pobo de Ipsca a Julio César no seu enfrontamento contra Pompeio.


Os hondeiros Íberos, temidos pola súa eficacia letal, uníronse á causa cesariana, como evidencia deste proxectil histórico. A súa participación nas campañas entre o 48 e o 45 a.C. na península ibérica foi determinante para o desenlace dá guerra civil romana.


Este proxectil rexistrado non só é un testemuño físico dun momento crucial na historia, senón tamén unha proba dá astucia política dás cidades e pobos locais na antigüidade. Ipsca, aderezada con César, mantívose fiel á súa causa mesmo fronte a cidades veciñas leais a Pompeio como Ucubi, Ategua ou Torreparedones.


O estudo detallado deste achado en Montilla proporciona unha xanela fascinante á complexa rede de alianzas e rivalidades políticas no mundo antigo, mostrando como mesmo pequenos asentamentos como Ipsca xogaron un papel significativo nos eventos que deron forma ao destino de Roma.


Fonte e imaxe | Historia National Geographic

Publicado por: Chaima Idbrm (16/03/2024)

Descubrimento en Brazatortas: un dos maiores alixos de proxectís romanos na Península 

Un xacemento arqueolóxico en Brazatortas, Ciudad Real, revela unha sorprendente fortificación romana, desviándose do obxectivo inicial de escavación da Idade do Bronce. Un equipo de arqueólogos dirixido por Alfonso Monsalve, en colaboración co Concello local, embarcouse na escavación dun xacemento da Idade do Bronce en 2020. Con todo, o descubrimento dun cravo de ferro e cerámica elaborada a torno suxeriu un contexto diferente. 

O achado de 89 proxectís de chumbo e 10 de pedra, xunto con moedas de época republicana, indica a presenza dunha fortificación romana probablemente habitada durante as Guerras de Sertorio no século I-II a.C. A estratigrafía revelou unha superposición de estruturas romanas sobre antigas fortificacións íberas, evidenciando a reutilización do espazo ao longo do tempo. 

O equipo investiga o propósito militar da fortificación e a súa relación co control estratéxico do val do río Ojailén, clave para o comercio e o acceso ao Valle de Alcudia. Ademais dos vestixios romanos, atopáronse utensilios da Idade do Bronce, resaltando a importancia de ambos os períodos históricos no sitio. Os achados serán detallados en publicacións académicas próximas, unha vez finalice a investigación en Brazatortas.


Fonte e imaxe | El Pais

Publicado por: Chaima Idbrm (16/03/2024)

A verdadeira vida dos lexionarios romanos, no British Museum.

A nova exposición no Museo Británico de Londres (British Museum), “Lexión, Vida no Exército Romano” ofrece unha fascinante mirada á vida cotiá dos lexionarios romanos. A través dos textos de Claudio Terenciano, un soldado do século I nado en Exipto, os visitantes poden coñecer de primeira man as experiencias e rutinas dos soldados romanos.

A mostra conta con máis de 200 obxectos que mostran detalles sobre a organización e profesionalidade do exército romano, como un escudo de Dura Europos, un gardabrazos de Trimontium e unha lorica segmentata de Kalkriese. Ademais, exhíbense as Tablillas de Vindolandia, documentos moi importantes que aportan información valiosísima sobre a vida diaria dos lexionarios.

Máis alá de desmitificar algunhas ideas erróneas, esta exposición ofrece unha mirada íntima e auténtica da experiencia de ser un soldado romano. Ata o 23 de xuño, o público terá a oportunidade de sumerxirse neste fascinante capítulo da historia.

Fonte e imaxe | El Diario

Publicado por: Elías Pérez Rodrigo (16/3/2024)

Achada fossa bestiaria no Anfiteatro de Cartaxena.

O Concello de Cartaxena acaba de facer un gran descubrimento arqueolóxico no Anfiteatro Romano: a identificación da fossa bestiaria, unha área subterránea onde se mantiñan encerradas as feras empregadas nos espectáculos.

Durante as escavacións dirixidas polo experto Xosé Miguel Nogueira e o arquitecto Andrés Cánovas, foron atopadas as escaleiras de acceso e as marcas no chan onde se colocaba a area. A alcaldesa, Noelia Arroyo, anunciou que esta parte da estrutura será aberta ao público este verán.

Ademais, estase reconstruíndo unha sección do muro arredor do perímetro das gradas, que ten ata once capas de pintura, indicando que o monumento estivo en uso moitísimo tempo.

Estas escavacións, financiadas polo Ministerio de Cultura, forman parte dunha terceira fase de traballos arqueolóxicos realizados en Cartaxena que rematarán no 2025. O proxecto busca integrar o anfiteatro na oferta turística e cultural de Cartaxena, destacando a súa gran importancia histórica.


Fonte e imaxe | 20 Minutos

Publicado por: Elías Pérez Rodrigo (16/3/2024)

Arqueólogos achan a vila romana dende a que, presuntamente, Plinio o Vello observou a erupción do Vesubio.

A historia de Plinio o Vello, un importante cargo militar Romano, é célebre e intersante a partes iguais.


Plinio, quen se atopaba bebendo na casa dun amigo no momento da erupción volcánica de Pompeia, quedou asombrado por este fenómeno natural e decidiu que tiña que velo máis de cerca. Propúxollo ó seu sobriño, Plinio o Xove, pero este rexeitou a invitación, polo que o seu tío partiu só. O home, sen embargo, morreu dun fulminante  ataque ó corazón nada mais baixar da súa embarcación.


Nos últimos anos, leváronse a cabo investigacións nas zonas costeiras onde supostamente aconteceu o feito. A hipótese principal para atopar a casa do militar era baseada na súa localización; debía ofrecer máxima visibilidade de toda a dársena portuaria e unha ampla visión de todo ol Golfo.


Seguindo esta premisa e algúns outros datos arqueolóxicos, agora os expertos afirman haber atopado finalmente a residencia de Plinio o Vello.


Fonte e imaxe | La Vanguardia

Publicado por: Paula Torres Durán (6/3/2024)

Londres inaugura unha exposición única sobre o exército da antiga Roma.

A exposición, que abriu para o público o pasado 20 de xaneiro e que continuará ata o próximo 23 de xuño, é a primeira dedicada polo importantísimo British Museum ó exército Romano, as súas reglas, cargos, acontecementos, curiosidades…

Dentro do que se amosa, atopamos máis de 200 obxectos arqueolóxicos de distintas orixes, procedentes tanto de coleccións privadas coma préstamos, distintos séculos de antigüidade e historias variadas. Entre os máis únicos están un par de brancos de tiro, unha sandalia (cáliga) co seu correspondente calcetín e unha bota militar.

A exposición conta tamén con actividades únicas que redondean e elevan a calidade da mesma, como podería ser o probarse unha réplica dun casco romano, alzar un escudo ou experimentar o cheiro de distintos escenarios que viviría un auténtico lexionario romano (o lume do campamento, a suor despois dunha xornada, unha letrina…).

Para rematar, podes tomar tamén un test para saber se serías aceptado coma militar, aínda que non había moitos requisitos (medir mínimo 1.72, ter máximo 35 anos e ao menos un testículo son algúns deles).

Visitar esta exhibición é unha oportunidade única e, ademáis, de balde, aínda que quizáis necesitemos prerrexistrarnos na web do museo debido ó gran afluente de persoas que asisten cada día.

Fonte e imaxe | El País
Publicado por: Paula Torres Durán (12/3/2024)

A parella de turistas ingleses que inscribiu os seus nomes no Coliseo abandona Italia antes de ser localizada.


A policía italiana conseguiu identificar á parella que inscribiu os seus nomes nunha das paredes do Coliseo. O acto vandálico fíxose viral grazas a un vídeo compartido nas rede social Reddit baixo o título «Turista idiota grava o seu nome xunto co da súa parella na parede do Coliseo» que deu lugar á indignación de moitos usuarios. Despois de gravar as imaxes, o autor do vídeo informou do suceso ao personal do Coliseo, que se puxo en contacto coa policía.


A parella abandonou o país antes de que as autoridades puideran dar con eles. O home arríscase a unha multa de alomenos 15.000 euros e unha pena de cárcere de ata cinco anos, se é condenado en Italia


“Agradezo aos Carabineiros que identificaron ao presunto autor do acto absurdo cometido no Coliseo. Un acto que ofendeu a todos os que aprezan o valor da arqueoloxía, dos monumentos e da historia”, indica Gennaro Sangiuliano, Ministro de Cultura italiano.


Fonte e imaxe |El Mundo

Publicado por: Aliena Horrea Matos (07/02/2024)

Descubren un fantástico mosaico nunha luxosa "domus" cerca do Foro romano

Unha luxosa vivenda, que puido pertencer a un adiñeirado senador romano, é o último achado arqueolóxico levado a cabo no Foro de Roma. Nunha das salas de recepción da vivenda, aprareceu un mosaico no que hai representadas escenas nas que se cre que fan referencia ao dono da residencia.

A domus ubícase detrás dos “Horrea Agrippiana”, os almacéns construidos polo xenro de Augusto, Marco Vipsanio Agripa, que se estendían ao longo da vía comercial Vicus Tucus. Segundo os arqueólogos, a vivenda está distribuida en varios pisos, divididos en terrazas.

O ámbito principal da domus, que se distribue ao redor do atrio, é o spectus aestivus, unha sala de banquetes que se usaba durante os calurosos días de verán. Neste espazo levábanse a cabo espectaculares xogos de auga grazas ao paso dunhas tuberías de plomo integradas nas paredes decoradas.


Fonte e imaxe | Historia National Geographic

Publicado por: Aliena Horrea Matos (07/02/2024)

Descubren en Nápoles unha espectacular tumba romana con pinturas en perfecto estado

Unha tumba de cámara excepcional, intacta e en perfecto estado, foi descuberta dentro de terreos cultivados no municipio de Giugliano (Campania), durante as obras de adaptación do sistema de abastecemento de auga na zona.

As investigacións arqueolóxicas prescritas pola Área Metropolitana de Nápoles, supervisadas polo Dr. Casi, recoñeceron unha dispersión de restos históricos e marcaron o límite da necrópole. O cumio dun muro de opus incertum, moi ben construído, resultou ser a fachada dun monumental sepulcro de cámara, coa entrada aínda ben selada pola lousa de toba orixinal, apenas dentada na parte superior para crear un oco e permitir o acceso do mausoleo, ben pechado ao final con tellas.

O espectáculo que se presentou aos ollos do comisario Mariano Nuzzo, o primeiro en entrar na cámara funeraria tras retirar as tellas de peche, foi o dun momento cristalizado no pasado hai máis de 2000 anos. A zona da necrópole sitúase no centro do Campanus ager, e preto das antigas estradas Cumis-Capuam e Liternum.


Fonte e imaxe | La Brújula Verde

Publicado por: Aliena Horrea Matos (25/10/2023)

As escavacións de Cártama (Málaga) deixan ao descuberto unha basílica romana

Tras unhas escavacións dirixidas polo arqueólogo Francisco Melero, foron descubertas unhas riquezas patrimoniais nunha finca de 1.300 metros cuadrados.

O pobo malagueño anticipa unha transformación arquitectónica dun espazo no que se poderán contemplar construcións dende o século VIII a.C ata restos da época do século XVIII d.C. Entre elas, destacan construcións fenicias do século VIII a.C, un poboado ibero, unha basílica romana, unha fortificación árabe, unha igrexa do século XVI e un camarín barroco.

As primeiras escavacións na localidade de Cártama iniciáronse hai 275 anos na época da Ilustración. Encontráronse diversos restos romanos de enorme tamaño que eran moi complexos de trasladar, co cal, estiveron adornando a plaza central do pobo hata o século XIX, cando os marqueses de Loring retomaron as escavacións e trasladaron ditos hachados ao Museo de Loriano, actual Museo Arqueolóxico de Málaga.

Fonte e imaxe | Cadena Ser
Publicado por:  Aliena Horrea Matos (20/09/2023)

A IA descifra parte dos pergameos de Herculano

Gracias a intelixencia artificial, logrouse desvelar unha palabra grega antiga, "πορφύραc" (porphúra) que fai referencia á tinguidura púrpura ou á roupa deste cor. Esta palabra provén dun pergameo carbonizado de Herculano, unha cidade afectada pola erupción do Vesubio no ano 79 d.C. 

Os aproximadamente 1800 rolos de papiro desenterrados en Herculano quedaron fragmentados e carbonizados. O Desafío do Vesubio, un concurso mundial apoiado por investigadores de Silicon Valley, premiou a dous participantes por desvelar polo menos 10 letras. 

Este avance marca un paso importante cara a lectura de pasaxes e pergamiños enteiros anteriormente considerados ilexibles, revelando posiblemente obras literarias e filosóficas dos séculos I e II a.C. O éxito deste proxecto podería axudar a comprender mellor unha época clásica que perdeu gran parte do seu material.

Fonte e imaxe | www.nationalgeographic.es
Publicado por: Elías Pérez Rodrigo (13/10/2023)

O circo romano de Sevilla revélase como un dos máis grandes do imperio

O arqueólogo Alejandro Jiménez lidera unha investigación que descubriu indicios arquitectónicos dun circo na antiga cidade romana de Itálica, en Santiponce, Sevilla. Segundo os resultados, este circo sería excepcional, sendo o máis grande da Península Ibérica e un dos maiores do Imperio, só superado polo Circo Máximo de Roma. 

A investigación, parte dun proxecto científico para estudar anfiteatros romanos, empleou un xeorradar e unha tomografía de resistividade eléctrica para demostrar a existencia do circo no subsolo dunha zona actualmente habitada. Este descubrimento é crucial para a posible declaración de Itálica como Patrimonio Mundial, destacando a súa importancia na arquitectura e urbanismo da época do emperador Adriano. 

O equipo de investigadores planea crear un proxecto arqueolóxico para profundizar nestes achados. En termos de dimensións, o circo esténdese por máis de oito hectáreas, con capacidade para 80.000 espectadores aproximadamente, o que reforza a idea de que Adriano buscaba converter Itálica nunha “nova Roma”. Este avance considérase un fito significativo na investigación de Itálica e apoia o seu recoñecemento internacional como un sitio excepcional.

Fonte e imaxe | La Vanguardia
Publicado por: Elías Pérez Rodrigo (20/09/2023)

Cidadáns achan tesouros celtas enterrados fai 2500 anos

Esta primavera e este verán foron achados por uns cidadáns en Galicia e Asturias dous torques celtas (xoias que se poñen arredor do pescozo abertas por un extremo e con remates en forma de pera, cebola ou os denominados ‘doble escocia’, feitos de ouro normalmente macizo) que levaban 2500 anos baixo a terra, esperando a volver a ver a luz do día.

Aínda que atopar un tesouro de dous milenios atrás é un fenómeno digno de mención, non é tan pouco común como poderíamos pensar nun principio; só en España xa se atoparon arredor de douscentos de estos torques dos nosos antepasados, sendo o máis pesado o Torques de Burela, cos seus case dous quilos de ouro de 23 quilates.

É importante saber que se atopamos un destes valiosos obxectos na nosa propiedade e cumprimos coa nosa obriga de entregalos ás autoridades pertinentes recibiremos en metálico a metade do valor do tesouro. Se, pola contra, os atopamos na propiedade de outro, esta compensación será a repartir entre o dono da parcela e quen descubreu a peza.

Aínda que é unha mágoa, estímase que non poucas de estas marabillosas reliquias foron troceadas e fundidas para despois ser vendidas ós compradores de ouro, pola suspicacia ou descoñecemento dos cidadáns cara á recompensa que lles agarda se fan o seu traballo.

Fonte e imaxe | El País
Publicado por: Paula Torres Durán (20/10/2023)

Recuperan miles de obxectos romanos de vidrio perdidos no século I d.C

Tras o inicial descubrimento do segundo naufraxio xamais achado dun cargamento de vidrio no Mediterráneo, tivo lugar por fin unha misión para estudar este pecio (Chamado Capo Corso 2) o pasado un de xuño de 2023.

Debido á particular situación en augas internacionais (concretamente no tramo marítimo entre Córcega e Capraia) do Capo Corso 2, a misión de recoñecemento foi un exitoso proxecto conxunto entre Francia e Italia que permitiu datar o pecio no século I d.C ou principios do II d.C  e recuperar ademáis algún obxecto do xacemento, como botellas, copas, pratos e unguentarium perfectamente conservados, ao igual que case toda carga restante.

A partir de agora, contando con modernas e innovadoras ferramentas tales como ROV (Remotely operated underwater vehicle), só queda estudar máis a fondo os indicadores que nos proporciona o pecio para poder esclarecer incógnitas tales como a ruta seguida polo navío antes do seu afundimento.

Fonte e imaxe | La Brújula Verde
Publicado por:  Paula Torres Durán (20/09/2023)

Descubrimento dobre: segundo Torques de Ouro Achado en Betanzos

Na leira de Betanzos, onde en maio se atopou un torques de ouro de 394 gramos mentres se araba a terra, a mesma familia descubriu outra xoia similar. Esta nova peza, aínda que máis pequena, presenta decoracións parecidas á anterior e foi entregada ás autoridades de Patrimonio da Xunta, do mesmo xeito que a primeira. Ambas xoias atópanse agora no museo arqueolóxico do castelo de San Antón, na Coruña, onde os especialistas están ás estudar para determinar a súa orixe e composición exactos.

O achado casual destes torques levou á familia e á Xunta a manter en segredo a localización e os detalles para protexer outras posibles pezas. Esta precaución resultou efectiva, xa que levou ao descubrimento da segunda xoia. En maio, a directora xeral de Patrimonio, María del Carmen Martínez Insua, inspeccionou a primeira peza, e agora o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, xunto co delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, trasladaránse á Coruña para ver ambas xoias.

A lexislación autonómica establece que os achados arqueolóxicos casuais deben comunicarse de inmediato á consellería competente e prevé un premio en metálico para o propietario do terreo e a persoa que fixo o descubrimento. Este premio calcúlase como a metade do valor atribuído ao obxecto atopado na taxación. Cabe destacar que as escavacións sen autorización están prohibidas e son perseguidas pola lei.


Fonte e imaxe | La Voz de Galicia

Publicado por: Chaima Idbrm (23/10/2023)

Éxito na recuperación do barco romano "Marausa 2" do século III d.C. en Sicilia

Os traballos de escavación e recuperación do pecio do barco romano "Marausa 2" do século III d.C. concluíron con éxito en Marausa, Sicilia. Este barco, afundido a 100 metros da costa e a 2 metros de profundidade, revelou unha carga mixta de contedores de transporte e diversos obxectos en excelente estado.

Numerosas ánforas e valiosos materiais foron trasladados ao Museo Arqueolóxico Baglio Anselmi de Marsala para a súa conservación. Cun orzamento de 500.000 euros do "Pacto polo Sur 2014-2020", as obras, a cargo da empresa Antonio Vullo, centraronse na delicada recuperación da embarcación.

O proceso incluíu a protección do pecio con tecidos e redes metálicas, deseñadas para o transporte mariño ata o porto de Marsala. Unha xaula de tubos metálicos facilitou a elevación do pecio sen alterar a súa estrutura orixinal.

Este fito, coordinado pola Superintendencia do Mar da Rexión de Sicilia, marca a primeira vez en Sicilia que se realiza unha complexa operación de rescate sen danar a estrutura orixinal da embarcación. A nave foi remolcada durante un percorrido de 10 horas ata o porto de Marsala, escoltada pola Capitanía Marítima de Trapani e Marsala, e supervisada constantemente por buceadores.

No estaleiro "Capriccio Mare" de Marsala, o casco foi posto en seco e posteriormente trasladado ao Museo Baglio Anselmi para desalinización, consolidación e restauración da madeira. Tras a restauración, a nave "Marausa 2" será exhibida nun museo da provincia de Trapani.

O éxito desta operación conxunta involucrou á Superintendencia do Mar, a empresa Antonio Vullo, Blu Tek Diving, o estaleiro Capriccio Mare, o Parque Arqueolóxico Lilibeo de Marsala e diversas institucións e profesionais da arqueoloxía e a conservación.


Fonte e imaxe | La Brújula Verde

Publicado por: Chaima Idbrm (25/11/2023)