Post date: Nov 15, 2017 6:27:25 PM
As obras que actualmente se están a realizar na calle Salines, ao lado do edificio do Concello de Tarragona, deixaron ao descuberto evidencias da pista da area do Circo Romano. Foi a concelleira tarraconense, Begoña Floria, a que anunciou a través das redes o achado, que considerou como «importante». Explicou que se podería tratar do punto onde «tiraban a curva» durante as carreiras no circo.
A concelleira, sen embargo, tamén deixou claro que haberá que esperar os informes dos técnicos municipais para facer a valoración final do achado, «tense que estudar mellor», engadía. En principio, as obras non se van deter, pero fai falta que os arqueólogos se pronuncien.
Fonte e imaxe | Diarimés Digital