Post date: May 19, 2015 5:53:19 PM
A Thoracata é o gran torso romano que alberga o Museo Arqueolóxico e Etnolóxico de Córdoba. A enorme escultura foi achada en 1892 por Cristóbal Pesquero Millán no subsolo da súa casa, na rúa Morería de Córdoba. No patio desta vivenda viviu a escultura, sen brazos nin pernas, durante todo o século XX ata que a Xunta de Andalucía a adquiriu no 2006, a recuperou e a instalou no museo no ano 2008.
Trátase dunha escultura romana do século I d.C. que debeu situarse no foro da Colonia Patricia de Corduba dando conta do poder imperial do César. Tanto nesa imaxe do poder como na incógnita do personaxe representado -que podería ser Eneas ou Rómulo polo nivel escultórico que ten no peito, dunha talla excepcional, segundo os expertos- estúdanse no catálogo que o Museo e a Xunta editaron con interese didáctico para acompañar a chegada dunha peza declarada de Interese Cultural en 1993.
Imaxe da Thoracata
O museo realizará actividades o fin de semana para que os máis pequenos poidan aprender cousas sobre a Thoracata. Entre as diversas cousas que lles explicaran atópanse os elementos que a forman e de qué materiais está formada. Un destes elementos, a folla de carballo, é o que enlaza co personaxe que recibirá aos nenos. A festa do carballo celebrábase a finais do maio na antiga Roma e celebra a estes lendarias e míticas árbores, cuxo significado os nenos tamén poderán coñecer. Para finalizar, os visitantes poderán realizar todos xuntos unha grinalda de follas de carballo e explicaranlles a tradición de facer grinaldas e bailar na honra do rei.
Imaxe e información: Cordópolis