A "Andrómeda" de Rodin, vendida por 3'6 millóns de euros.

Post date: 05-jun-2017 17:09:00

A «Andrómeda», que ata agora permanecera en Madrid, subastouse en París por 3.670.600 euros. Pagouse moito máis do que vale, o prezo está entre os 800.000 e os 1.200.000 euros. Dos cinco exemplares coñecidos da obra, a «Andrómeda» de Morla é a peza «máis perfeccionada» dende un punto de vista «naturalista». Andrómeda, é representada nesta escultura como unha muller núa tumbada sobre unha rocha.Durante todos estes anos a escultura, permaneceu no domicilio dunha familia de orixe chileno. A peza foi exposta este ano nas sedes da casa de subastas en Bruselas, Viena y Milán, antes da súa venta en París. En maio de 2016, a escultura de Rodin «A eterna primavera» alcanzou o récord do artista ao venderse en Sotheby's por 20,4 millóns de dólares, uns 18,2 millóns de euros.Fonte e imaxe | ABC