Post date: Dec 11, 2017 3:38:25 PM
A cidade de Alba Longa forma parte da historia mítica de Roma. Era unha comunidade fundada por Ascanio, o fillo de Eneas, que desexaba ter a sua propia urbe ao marxe de Lavinio e de seu pa, unha cidade que reunía as poboacións latinas e aos exiliados Troianos, unha cidade na que moitas das familias aristocráticas romanas de época histórica situaban o seu berce; tamén foi a cidade na que naceron os xemelgos Rómulo e Remo.
Moitos arqueólogos intentaron encontrar esta mítica cidade, pero hai moita falta de restos materiais. Crese que Alba Longa non era unha cidade se non unha comunidade preurbana de tipo disperso.
Pasaron moito tempo intentando situar esta cidade nun lugar exacto, pero Franco Arietti propón unha nova tese na que se di que Alba Longa nunca existiu. Arietti chegou a esta conclusión estudando a Vía Sacra. Os restos que se atoparon nesta área corresponden a edificios ou vivendas moi puntuais pero non a unha cidade.
Fonte e Imaxe | Corriere de la Sera