O concello de Motril (Granada) recalifica un xacemento arqueolóxico romano para construir unha gasolineira

Post date: May 16, 2015 5:33:29 PM

A Asociación Buxus, que fomenta o estudo e conservación da natureza e o medio ambiente na costa granadina, acusou ó Concello de Motril (Granada) de recalificar unha zona de solo protexido, La Reala, en Carchuna, onde se localiza un importante xacemento romano ligado posiblemente á súa actividade agrícola e mineira, para permitir a construcción dunha gasolineira ligada á autovía.

“Preguntámonos se no trazado de toda a autovía non existía outro lugar onde montar una gasolineira que na zona protexida polos seus restos arqueolóxicos. De nada serviron as múltiples proteccións urbanísticas das que dispoñía este solo”, critican nun comunicado.

Según explican, o Plan Xeral de Ordenación Urbana (PGOU) motrileño protexíao como solo no urbanizable de protección especial arqueolóxica e sólo no urbanizable de protección especial altas pendientes, e o Plan de Ordenación do Territorio da Costa Tropical protexíao como sólo con potencialidade paisaxística, sólo con restriccións por riscos e definíao como recurso cultural de interés territorial, pero “bastou un decreto da alcaldesa de Motril e a súa maioría absoluta no Concello para tumbar todas estas proteccións mediante o continuado uso da arbitraria declaración de Interés Público dos 9.000 metros cuadrados afectados”.

Coa “destrución” de este xacemento, Motril “perde outra parte do seu escaso legado arqueolóxico e cultural”, incide a asociación, que engade ademáis que en Calahonda, “este súmase á destrucción fai uns anos do alfar do Cortijo das Ánforas, moi cerca da zona agora afectada e co que probablemente gardaba relación, e o estado ruinoso no que se atopa a Torre da Cova de Bigotes, posiblemente a máis antiga de toda a Costa”.

Fonte: EUROPA PRESS 20minutos.es