Post date: Dec 13, 2014 8:12:04 PM
Atópanse no museo máis de 350 obras de mármol de época imperial romana, retratos funerarios como o dos Servilios, sarcófagos dourados e estatuas como a de de Atenea Parthenos e a do Sátiro Músico. A ‘Colección Wolkonsky’, presentouse en Roma en Vila Wolkonsky, a residencia oficial do embaixador británico en Roma. O patrimonio foi recuperado tras un traballo iniciado en 2011 e foi o orgullo do parque da vila nos tiempos da princesa rusa Zenaida Wolkonsky. O seguinte paso agora é entregar o arquivo fotográfico ao Instituto Arqueolóxico Alemán para mantelo a salvo e para que esté dispoñible tamén para os expertos de todo o mundo. Estase pensando en abrir a vila ao público baixo determinadas condicións, con visitas guiadas para grupos pequenos. Algunhas obras, entre elas retratos funerarios da familia e algúns sarcófagos, foron colocadas na avenida que discorre ao longo do acueducto para facer revivir, con novas formas de presentación, o orixinal xardín da princesa Wolkonsky. A maior parte das obras foron ubicadas no novo Museo dos Invernadoiros Wolkonsky, dous invernadoiros do século XIX comunicados entre sí e situados cerca da porta de entrada á residencia, que foron restaurados e preparados para acoller o centenar de obras que debían ser protexidas e para ofrecer ós visitantes a posibilidade de admirar a colección.Máis información en La túnica de Neso, imaxe