Post date: May 9, 2018 5:00:00 PM
Dous xubilados de Zaragoza enfróntanse a peticións de ata 9 anos de cárcere, multas e indemnizacións, por saquear o achado celtíbero de Aratis (en Aranda de Moncayo) durante décadas e comerciar ilegalmente con pezas moi valiosas pertencentes a este achado. Cando foron atopados pola Garda Civil fai catro anos, posuían 6.000 pezas.
Foron detidos en agosto de 2013 en dúas operacións chamadas Helmet I e Helmet II. Helmet é casco en inglés e xusto foron 18 valiosos cascos celtíberos os detonantes das operacións. Estos cascos foron os que se subastaron entre 2008 e 2012 por entre 19.000 e 77.000 euros, e puxéronse a venda en varias cidades europeas. Isto fixo que toda a responsabilidade caera sobre as autoridades españolas, en concreto sobre o Goberno aragonés, que son os que teñen as competencias en materia de patrimonio histórico-artístico. Criticouse a pouca proteción do lugar de onde se indicaba a súa procedencia, Aranda de Moncayo, e finalmente en 2016 o achado de Aratis foi declarado Ben de Interese Cultural.Grazas á presión dende Alemaña, procedeuse a xulgar a estes dous homes xa xubilados, os cales negaron as imputacións, rexeitaron que levaran a cabo esas expoliacións e mesmo dixeron que non se coñecían entre sí.
Un dos imputados é Ricardo Granada, o cal foi descuberto coa frioleira de 4.000 pezas procedentes do achado da antiga cidade de Aratis, un importate enclave celtíbero. Según el atopara isto tras rastreos con buscadores de metais. Esta investigación incitou a abrir a segunda na cal se destapou ao outro individuo, Mariano Ostalé, un ebanista da cidade de Utebo, ó cal se lle requisaron 4.000 pezas.
A Fiscalía pide para Ricardo Granada cinco anos de prisión por expolio arqueolóxico e venda ilegal de pezas do patrimonio histórico, ademáis de 120.000 euros de multa, e para Mariano Ostalé tres anos de prisión e 180.000 euros de multa. O Gobierno aragonés reclama para cada un de eles sete anos de cárcere, tres de eles por un delito de contrabando, e que fagan fronte conxuntamente a unha multa de 106.825 euros.
Fonte: ABC
Imaxe: ABC