Post date: May 10, 2015 2:24:21 PM
O Museo Arqueolóxico de Córdoba ofrecerá, en pases cada media hora, a actividade denominada Floralia, unha das festas romanas por excelencia consagradas a Flora, deusa das flores, vexetación e fertilidade, da primavera, e que pode considerarse a precursora das actuais celebracións das Cruces e os Patios.
Según informou a xunta, Floralia celebrábase a finais do mes de abril e primeiros de maio e tiña por obxeto festexar a entrada da primavera e o nacemento das flores. Eran festas moi populares, que se celebraban en un ambiente licencioso e de búsqueda de placer, con participación do pobo, e desenvolvíanse a través de numerosos bailes, con consumo de viño e bebidas de menta (símbolo de Venus).Os participantes vestían habitualmente de cores chamativas e soían portar coroas florais, imitando a beleza do campo, resultando que estas festas perduraron ata a actualidade, a través da festa das Cruces de Mayo e os Patios de Córdoba, nas que as flores e a cor son os protagonistas.
Info e foto de 20minutos