Os etruscos

Campo della FieraVoltumna, o deus supremo dos etruscos, emerxe da terra no Campo della Fiera.SIMONETTA STOPPONI / UNIVERSITÀ DEGLI STUDI DI PERUGIA | National Geographic (achádego dunha cabeza etrusca, decembro 2014)

ÍNDICE

(dereita superior) Escultura etrusca. Séculos VI-IV a.C. Museo metropolitano de Nova York. Imaxe de Mary Harrsch en Flickr.
(dereita inferior) Detalle dun sarcófago etrusco procedente de Cerveteri. Terracota con detalles policromados. 520-510 a.C. Museo do Louvre (París). Imaxe de Mary Harrsch en Flickr.

Orixe

Os etruscos apareceron no século VIII a.C. As súas orixes nunca estiveron claras e xa dende a Antigüidade existen varias teorías que intentan explicalas.

Escultura etrusca coñecida como o  "Sarcófago dos esposos", finais do s. VI a. C | Imaxe de Carlo STRUGLIA en  Flickr

Na actualidade, aínda que existe un certo consenso ente os arqueólogos sobre a orixe autóctona dos estruscos, a falta de ADN antigo na rexión fixo que as investigacións non fosen concluíntes.

Pero un estudo actual (ano 2021), con información xenética que abrangue 2.000 anos e recopilada en 12 sitios arqueolóxicos diferentes, resolve por fin esta cuestión ao non mostrar evidencia algunha de que este pobo proceda de Asia Menor, o que defendía a hipótese de Herodoto. É máis, a análise demostra que os etruscos compartían perfil xenético cos habitantes da veciña rexión do Latium, que á súa vez demostraban unha relación cos habitantes das estepas que protagonizaron as invasións indoeuropeas durante a Idade do Bronce. 

Máis información sobre este descubrimento no diario ABC e na revista ScienceAdvances

Historia

En tempos da monarquía latino-sabina, os etruscos, xunto cos gregos das colonias da Magna Grecia, son o pobo de Italia máis desenvolvido culturalmente.

Daquela, os etruscos vivían xa en ricas cidades, que favorecían a división e a especialización do traballo, así como a creacíon dunha estructura política dirixida polas familias aristocráticas.

Os etruscos nobles dedicábanse á política, pero tamén ó ocio. Pola súa parte, a muller participaba na vida social en igualdade co home, feito inconcebible en Grecia ou en Roma.

Os extractos baixos da sociedade realizaban traballos agrícolas e artesáns (cerámica e metalurxia). Tamén comerciaban con estes productos manufacturados.

Os etruscos realizaron intercambios comerciais cos restantes países mediterráneos, especialmente coas colonias gregas do sur de Italia e de Sicilia (Magna Grecia) e cos mercaderes fenicios. Aproveitaron estes intercambios para asimilar parte da rica cultura grega que, á súa vez, transmitiron a outros pobos da península (especialmente ao Lacio).

No século VII a.C. os etruscos encontrábanse en pleno apoxeo. Expandíronse hacia o sur (Lacio e Campania) e hacia o norte (zona cha do Po). Nestes territorios existían xa núcleos de poboación (Roma, Túsculo, Capua, Pompeia, Mantua), pero os etruscos eleváronos á categoría de cidades.

Expansión do pobo etrusco

Nestas cidades asentáronse familias etruscas. Algunhas persoas de nobre ascendencia lograban entrar nas filas da aristocracia latino-sabina, introducindo reformas de carácter político, militar, relixioso, urbanístico, etc, de gran importancia. Mesmo chegaron a acceder ao trono. Así, do 616 ao 509 a.C. a cidade de Roma foi gobernada por tres reis de orixe etrusca.

No entanto, dado que a arqueoloxía non ofrece testemuños dunha invasión, únicamente se pode falar de "etrusquización", é dicir, de unha asimilación de costumes e institucións etruscas por parte de Roma.

Pero, ao longo do século VI a.C., a colonización grega, ata entón centrada en Sicilia e no sur de Italia, empeza a extenderse polas costas da Galia meridional e por Córcega. Os etruscos van a sufrir unha clara competencia para o seu comercio.

Etruria comeza a hostigar á cidade grega de Cumas; esta vese obrigada a pedir axuda a Siracusa (Sicilia). O enfrontamento supuxo unha derrota aplastante para os etruscos, da que xa non se recuperaron.

O poder etrusco iniciou o seu declive. Os pobos veciños, pouco a pouco, obrigaron aos etruscos a replegarse ao seu propio territorio. En Roma, as familias aristocráticas expulsaron ao último rei etrusco e crearon un goberno republicano dirixido por membros de antigas familias latinas.

A relixión

Un dos trazos máis peculiares do pobo etrusco é a súa profunda relixiosidade. Para eles o sentimento relixioso é o eixo fundamental arredor do que xiran todas as súas actividades e decisión.

Esta relixión caracterízase polo seu arcaísmo, xa que conserva formas desaparecidas en outras culturas mediterráneas, tales como una certa tendencia ao animismo e ao fetichismo, e pola crenza na existencia de seres sobrenaturais, pero con imprecisión do seu número, sexo, aparenza ou características. 

Pero o contacto coa cultura grega contribuíu á pérdida do animismo e déuse un proceso de individualización e humanización das divinidades etruscas. Así, os grandes deuses etruscos adoptaron a figura, os cultos, e os atributos dos gregos, aínda que sen perder de todo os trazos indíxenas cos que coexistían.

Pero o elemento máis orixinal da relixión etrusca é a arte da adiviñación. O seu fin é a busca do coñecemento da vontade divina, manifestada a través de sinais, máis ou menos claros, que os humanos poden interpretar. Esta disciplina regula todos os aspectos da vida. E, para os etruscos, os principios deste coñecemento procedían de una revelación feita por seres sobrenaturais a certos humanos, que se encargaron de poñelos por escrito en textos sagrados.

Divindades etruscas

O panteón etrusco caracterízase pola súa variedade e complexidade, xa que é resultado da convivencia de divinidades indíxenas cos deuses de procedenza grega. En uns destes casos dase a asimilación total de ambas tradiccións, aínda que se conservan os nomes etruscos; en outros, incorpóranse las divinidades helénicas.

As principais divindades etruscas son: 

Estas tres divinidades forman a tríada etrusca, que herdarán os romanos, e réndeselle culto nun mesmo templo.

No ano 2016 produciuse o descubrimento etrusco máis importante da última década, unha estela de pedra que menciona o nome da deusa Uni, como podemos ver na imaxe. Fonte | La brújula verde

Veltha, ou Voltumna, deus ctónico (da terra), convertiuse posteriormente na divindade suprema do panteón etrusco, e os romanos rendéronlle culto asimilándoo a súa divindade estacional Vertumnus.

Outros deuses son Nethuns (Poseidón/Neptuno), deus da vide; Sethlaus (Hefesto/Vulcano), deus do lume e a metalurxia; Aplu (Apolo), deus frechador; e Artumes (Ártemis/Diana), deusa cazadora, irmá de Apolo.

Ritos fúnebres

Os etruscos preocupáronse extraordinariamente polo mundo de ultratumba. Os seus sepulcros eran verdadeiras mansións dedicadas aos mortos, con una gran profusión de pezas artísticas, e decoradas con pinturas que permitiron reconstruír o máis representativo dos ritos funerarios.

Cando morría una persoa, expoñíase o seu corpo. Os achegados viñan a saudar ao defunto. Alí había danzas e choros das mulleres da familia e de plañideiras profesionais. Despois celebrábase a procesión fúnebre ata a pira, onde se incineraba o corpo, e seguía o desfile ata a tumba.  

Seguidamente, ofrecíase un gran banquete no seu honor, no que se consumían alimentos rituais como ovos (símbolos da resurrección), verduras e granadas (símbolo de ultratumba).

Tampouco faltaba a música dos flautistas, as danzas nin o viño.

Finalmente, tiñan espazos destinados á celebración de xogos fúnebres: danzas guerreiras ou acrobáticas, cacerías, combates e competicións deportivas. Todo tiña como finalidade que, ao sacudir o chan e co derramamento de sangue que se producía nos combates, as almas dos mortos cobrasen algo de vida.

(dereita ) Banquete etrusco onde aparece o ovo, símbolo de resurreción.

A adiviñación

A adiviñación ocupa un lugar esencial no mundo etrusco. Eles pensaban que a través da natureza se podía coñecer a vontade dos deuses ata os últimos detalles. 

Este saber compoñíase dunha mezcla de relixión, filosofía e ciencia, e era o froito dunha revelación mítica. Cada acto estaba sometido ás leis do destino e só se podía variar seguindo o ritual correspondente.

Por un lado estaban os augures, que interpretaban os sinais naturais (vo dos paxaros, tronos e lóstregos, eclipses, etc.), sacerdotes-adiviños, que pertenecían á aristocracia etrusca e tiñan un poder impresionante, pois influían nas decisión do Estado. Dábaselles o máximo crédito, non só entre os etruscos, senón tamén en Roma, e a súa influenza perdurou durante séculos.

Fígado de Piazenza | Wikiwand
Esta peza empregábanna os arúspices para a interpretación das entrañas dos animais sacrificados co fin de obter aspicios sobre o destino.Os nomes grabados nas 16 rexións marxinais corresponden aos deuses das 16 rexións celestiais da teoría dos raios etruscos.Corresponde ao S. II a.C.

Por outro, os arúspices, encargados de interpretar as vísceras dos animais sacrificados.

Estos coñecementos recolléronse nos libros sagrados, que definen os campos da adiviñación:

A herdanza etrusca

A civilización etrusca tivo un papel fundamental na consolidación da cultura e a sociedade romana. As súas aportacións trascenden a casi todos os aspectos da vida. Asimismo, debido o seu contacto cos gregos, os etruscos adquiriron un alto grado de refinamento que, a súa vez, transmitiron a Roma.

Urbanismo

Introdución do trazado ortogonal

Seguindo a corrente que se popularizou nas colonias gregas de Asia Menor no s. V a.C., os etruscos empezan a planificar as súas cidades cun trazado en cuadrícula sobre un dobre eixo: o cardo, eixo norte-sur, e o decumanus, eixo leste-oeste. Así, en paralelo a estes dous eixos, organízanse as rúas da cidade.

Para os etruscos, esta planificación era un reflectimento do cosmos divino.

Este trazado será o que os romanos emplearán para a construción das súas cidades coloniais, sempre que as condicións do terreno o permitan (ver imaxe da dereita)

Visión xeral das ruinas da cidade romana de Timgad, na actual Alxeria, no norte de África | algeriaspace

Ritos de fundación

Á hora de fundar unha nova cidade, os romanos seguían o ritual etrusco.

Uncíanse a un arado con rexa de bronce un boi e unha vaca, e trazábase un sulco profundo sobre unha liña previamente sinalada. Esta liña marcaba o contorno das murallas, e levaba o nome de pomerium. Era un espacio sagrado e inviolable. 

Onde se quería intercalar unha porta, levantábase o arado e deixábase un intervalo. Así considerábase sagrado todo o muro, a excepción das portas.

File:MuraCiclopicheVetulonia.jpg
      As murallas ciclópeas de Vetulonia / Wikipedia

Arquitectura e obras públicas

Relixión

O alfabeto

O alfabeto etrusco é froito da adaptación dun alfabeto grego ocidental. Os romanos adaptarán a súa vez o alfabeto etrusco á súa propia lingua, que con poucas modificacións é o que chegou ata nós.

(imaxe da dereita) Exemplo de escritura etrusca. Taboíña de bronze de Cortona. S IV-V a.C. )

Onomástica

Os romanos heredaron dos etruscos a costumbre de emplear tres nomes, tria nomina:

Os xogos escénicos

A tradición dos músicos e bailarines etruscos calou moi fondo nos gustos dos romanos. Estes desenvolveron o seu propio teatro a partir de certos elementos etruscos, como a figura dos histriones, mimos que bailaban ao compás da música.

Un personaxe chamado Phersu en etrusco, ataviado dun modo á vez ridículo e terrorífico, sempre cunha máscara grotesca, será o orixe da palabra persona, que en latín significa “máscara” e “personaxe teatral”.

  Imaxe dunha máscara tráxica/ Flickr

Os combates de gladiadores

Teñen a súa orixe nos combates que se ofrecían con motivo das cerimonias fúnebres das grandes familias etruscas. En Roma perden o seu carácter relixioso.

As insignias do poder

Os elementos que simbolizaban o poder entre os reis etruscos pasan aos reis romanos:

Relevo que nos mostra dunha loita de gladiadores. Imaxe de Sebastiá Giralt en Flickr
Estatua de Cincinnatus portando as fasces, símbolo de autoridade. Cincinnati, OH, 2004, by Rick Dikeman
Relevo dun lictor romano portando as fasces. Museo de Verona. Fonte | Wikipedia

O triunfo

Cada vez que un xeneral regresaba victorioso de algunha contenda, se lle concedía o poder cruzar o recinto amurallado da Urbs co seu exército, o que en condicións de paz non se permitía.

O desfile triunfal seguía o modelo dos antigos cortexos oficiais etruscos: o maxistrado vai subido nun carro tirado por catro cabalos brancos e porta as insignias do poder citadas máis arriba.

Recreación dun triunfo romano. Web Las legiones de Julio César.
Moeda romana. Un maxistrado e os seus lictores.

Indumentaria

A prenda romana por excelencia, a toga, tivo un antecedente etrusco. 

En canto ao calzado, nos etruscos atopamos tamén a orixe dos calcei senatorii, as botas con correas que levaban os senadores romanos.

Calceus senatorius. Castro de Altamira, Taboexa (As Neves). Imaxe de Álvaro P. Vilariño en Flickr
Toga romana da Wikipedia

LECTURA: "Os etruscos", 

los_etruscos.pdf