Arqueólogos descobren pinturas con escenas do antigo Exipto nunha vila de Pompeia

Post date: 10-may-2017 17:44:26

Un quipo de arqueólogos descubriron imaxes do antigo Exipto nunha vila de Pompeia, o que mostra a influencia da cultura exipcia na antiga sociedade romana.O Daily Mail informa que as pinturas nas que se observan paisaxes do Nilo foron descubertas nos xardíns dunha luxosa vila pompeiana. Os expertos anuncian que estas pinturas poderían revelarar grandes segredos sobre como o Imperio romano estaba influído polo antigo Exipto.

Pomepeia era famosa pola súa intensa vida sexual, polo que moitas das súas pinturas inclúen un alto contido sexual. Cando a cidade foi redescuberta en 1599 foi enterrada de novo por razón de censura, e non se volveu a e escavar ata 1740 por orden de Carlos de Borbón, rei de Nápoles. Polo que non é sorprendente que o tema principal das pinturas recén atopadas sexa o sexo, ademáis do consumo do alcohol.

Tamén se argumenta que estas poderían revelar como os romanos interactuaban co resto do mundo, expresando así unha temprana forma de globalización. O estudo engade que as pinturas do Nilo proporcionaban aos seus propietarios unha oportunidade única de entrar en contacto coa cambiante identidade romana, a nivel local e imperial, reproducindo ademáis un microcosmos do mundo no que vivían.

 

Fonte e imaxe I Ancient Origins