Post date: 05-jun-2017 21:19:52
Unha choiva de pétalos de rosa tiñeu hoxe de vermello o Panteón de Roma con motivo da festividade de Pentecostés, un espectáculo orixinal que cada ano sorprende a centos de turistas e romanos que non dubidan en captar o momento coas súas cámaras e teléfonos.O acontecemento produciuse ao mediodía e durante uns minutos miles de pétalos caeron dende a cúpula para goce dos espectadores, simbolizando o descenso do Espírito Santo dende o ceo sobre os apóstolos.
Os pétalos caeron sobre as vestimentas dos fieis e os curiosos que fixeran cola dende primeira hora da mañá para non perderse o evento, e acabaron bañando todo o pavimento do Panteón de Agripa.
O espectáculo levouse a cabo grazas á intervención do Corpo de Bombeiros que foi o responsable de lanzar os pétalos dende o óculo da cúpula de esta monumental construción.
Fonte da noticia: El periódico
Fonte da imaxe: La Reppublica