....
A cidade de Roma constituiuse a partir da asociación de grupos que se recoñecían como descendentes das trinta curias primitivas. Cada un destes grupos era unha gens. Os seus integrantes eran os patricios (o nome provén de pater, membro fundador dunha gens). Estes formaban un grupo pechado que acaparaba os postos de goberno, posuía grandes fortunas e as mellores terras e tiña o control relixioso.
Máis tarde fóronse diferenciando grupos de habitantes que quedaron excluídos do privilexiado círculo patricio: os plebeos (de plebs, multitude). A plebe estaba privada de gobernar e de elixir ós seus gobernantes. Estaban situados nun plano de inferioridade política, legal e relixiosa fronte aos patricios. Tampouco se beneficiaban por igual coa expansión romana: a terra pública conquistada ao inimigo (ager publicus), conquistada coa participación dos soldados plebeos, estaba reservada nun principio ás xentes patricias.
Todas estas desvantaxes tiñan a súa orixe no nacemento e non na riqueza. Entre a plebe existían grupos que tiñan unha mellor posición económica, como os artesáns e os comerciantes, e outros máis pobres como os campesiños.
Nunha manobra conciliadora, os patricios ceden e admiten ós plebeos no Senado con nome de conscripti para evitar conflictos, debido a dúas razóns: o temor a un enfrentamento coa Liga Latina e o temor ao retorno de Tarquinio, que estaba exiliado en Cumas (Etruria).
Así os compoñentes do Senatus romanus recibirán o nome de Patres et conscripti, ou sexa, os patricios descendentes das primeiras familias romanas (patres) e os “apuntados” posteriormente (conscripti), os plebeos ricos que acadaban ese honor.
Tras a victoria dos romanos sobre os latinos no lago Regilo (499 a.C.) e a morte de Tarquinio, os patricios abusan de novo do seu poder e provocan o conflicto cos plebeos.
Nesta lenda, cóntase a misteriosa aparición no medio da batalla de dous cabaleiros montados a cabalo, de sorprendente beleza e estatura, que cargaron contra o inimigo e o aniquilaron para desaparecer inmediatamente despois.
Máis tarde, reapareceron no Foro, onde relataron o transcurso da batalla e como foi gañada. Despois abandonaron a cidade, e non volveron a ser vistos a pesar dos múltiples intentos de atopalos que fixeron os romanos.
Debido ao misterio que rodeou a estes cabaleiros, concluiuse que se trataba das divinidades Cástor e Pólux, e monumentos, templos e estatuas foron erixidos por toda a cidade no seu honor e como agradecemento pola súa intervención.
Templo de Castor e Pólux no foro Romano. Imaxe de Álvaro Pérez Vilariño en Flickr
Os plebeos intentan corrixir a desigualdade social propoñendo unha serie de medidas a tomar en varios ámbitos.
No ámbito económico:
os plebeos reivindicaban unha repartición xusta do ager publicus (as terras conquistadas ao inimigo)
e a abolición da escravitude por débedas.
No ámbito político:
pedían a posibilidade do acceso ó consulado.
No social:
queixábanse da situación crítica dos proletarii (os que só teñen á prole, os fillos, como única posesión, como única riqueza), que se vían desfavorecidos pola fame durante os períodos de guerra.
No ano 494 a.C. organizaron unha especie de folga xeral. A plebe retirouse ao monte Aventino (un pequeno monte que, malia formar parte dos sete outeiros de Roma, non estaba urbanizado e quedaba como suburbio fóra das murallas da cidade), coa intención de crear un Estado propio.
Decidiron escoller este outeiro porque os plebeos tiñan a súa propia tríade de deuses (Ceres, Liber e Libera) fronte á Tríade Capitolina, (Xúpiter, Xuno e Minerva), a oficial do estado, e no Aventino estaba situado ademais un templo dedicado a Ceres, deusa da agricultura, colleitas e fecundidade, a divindade principal da súa tríade plebea.
Esta medida de presión tivo éxito, e os patricios, á vista dos feitos, e conscientes da forza plebea, tiveron ceder e acordaron atender as súas reivindicacións.
Dende entón o templo de Ceres, ademáis de xa ser o centro relixioso, converteuse no centro administrativo e político dos plebeos.
O nexum era o nome que se lle daba na antigua Roma á figura xurídica que regulaba a escravitude por débedas. Por esta lei os plebeos empobrecidos podían chegar a quedar sometidos como servos, prácticamente escravos, dos seus acreedores, se non conseguían pagar súas débedas. A causa principal desta situación nacía principalmente da exclusión política –o Senado e as altas Maxistraturas eran detentadas polo patriciado e en beneficio dos seus clans familiares–, que á súa vez era a nai da exclusión económica no reparto das riquezas que xeraba por aqueles entonces a expansión territorial da República Romana. O nexum foi finalmente abolido no 326 a.C., como unha máis das medidas político-sociais de pacificación interna que permitiron dar viabilidade ó estado romano republicano.
Grazas a esta revolta creouse o cargo de Tribuni plebis, tribuno da plebe, para contrarestar o poder dos cónsules e demais maxistrados e frear calquera intento de abuso de poder contra os plebeos.
Os tribunos estaban protexidos baixo a Lex Sacra o que os facía inmunes, ninguén lles podía facer dano.
Para o exercicio deste Auxilium (axuda aos plebeos) valíanse da intercessio, do dereito de veto co que poden deter e impedir as ordes, os decretos, as levas do Cónsul, as decisións do Senado, as propostas de lei, as eleccións, e as convocatorias a comicios para calquera fin así como todo acto dos poderes públicos, ata o extremo de poder deter toda a maquinaria de Estado. Esta actividade exércea por petición do cidadán ou pola súa propia iniciativa.
Os tribunos dispoñían de amplas facultades en materia de xustiza criminal. Ademais, ao cabo de pouco tempo, pasaron a dirixir as Asembleas Plebeas por Tribos, e as súas votacións, de maneira que acabaron converténdose nos promotores de todas as iniciativas lexislativas, e terminaron por contar coa potestade de promover leis.
A función máis importante do tribuno era interpoñerse entre un cidadán e un maxistrado para evitar os abusos de poder. O Concilium Plebis apoiaba as súas accións coa ameaza de actuar utilizando a violencia.
En xeneral, este cargo recaía en plebeos ricos. Os tribunos no eran senadores. Sen embargo, a institución Tribunicia non solucionou a situación dos campesiños pobres.
Ao enfrentamento entre patricios e plebeos de antano, seguíu a oposición entre ricos (na maior parte patricios pero también algúns plebeos que posuían algo de capital) e pobres (plebeos).
Os Tribunos dispoñían duns oficiais auxiliares chamados Aediles plebei para temas xudiciais pouco importantes (donde só pudiera ser imposta como pena unha multa). Estes auxiliares tamén se encargaban dos arquivos e do tesouro da plebe, gardados no santuario de Ceres no monte Aventino, e do abastecemento do gran para a plebe.
Para protexerse dos abusos dos patricios, os membros da plebe organizaron unha asemblea, o Concilium Plebis ou asamblea plebea, integrada únicamente por plebeos.
Elixiron entre os membros das tribos varios tribunos, para que salvagardasen os seus dereitos, e colocáronos á cabeza desta. As institucións plebeas non foron recoñecidas nun comezo, por iso pode considerarse que os plebeos organizaron un Estado dentro do Estado.
As decisións tomadas pola asamblea denominábanse plebiscitos. Estes acabarían transformándose en leis.
O conflito entre patricios e plebeos durou máis dun século. Co tempo, os patricios recoñeceron as institucións plebeas e o seu dereito a participar en todas as maxistraturas, ata entón reservadas só para eles.
A comezos do século III a.C. recoñeceuse o dereito da asemblea plebea, convocada polos tribunos, podían votar leis vinculantes para todos os romanos.
No ano 450 a.C os plebeos conseguiron a redacción por escrito das táboas que contiñan as leis romanas.
Foille encargado aos Decemviri (unha comisión de 10 homes expertos en leis) a redacción da Lex XII Tabularum, o que constitúe o comezo de toda a grandiosa lexislación romana, fonte do dereito actual que rexe na maioría dos países occidentais.
Finalmente, para que non se dixese que os patricios usaban ao seu favor a ignorancia da plebe sobre o texto das táboas, pois esta fora unha das razóns polas que insistiron na redacción das mesmas, estas foron colocadas no Foro romano para que todos as viran.
Ao estar estas leis expostas públicamente, estaban libres (polo menos teóricamente) das malas interpretacións dos seus custodios, pois parece que anteriormente os poucos que coñecían as leis interpretábanas manipulándoas ao seu favor. Xa en época imperial, estas Leis, pensadas para todos (os cidadáns), foron as bases xurídicas do Imperio Romano, pois todos estaban baixo as mesmas en calquera recuncho do Imperio.
Todo neno romano aprendía estas leis na escola e tiña que recitalas de memoria.
Trala igualdade xurídica, paso a paso os plebeos lograron ser admitidos nas maxistraturas. Unha lei do ano 336 a.C. dispuxo que un dos cónsules debía ser sempre un plebeo.
Pouco tempo logo da promulgación da lei das doce táboas, no ano 445a. C., crease una lei chamada Lex Canuleia que permitia que os patricios e os plebeos contraesen matrimonio.
A partir do ano 300 a.C. os plebeos tamén tiveron acceso aos altos oficios sacerdotales.
Con todo, só as persoas de fortuna podían dedicarse á carreira pública xa que as maxistraturas eran honoríficas e non eran remuneradas. Só as familias plebeas enriquecidas puideron facer uso plenamente dos dereitos que conquistaran.
O conflito social entre patricios e plebeios máis a ameaza externa de ecuos e volscos (pobos veciños) provoca que os senadores repartan terras á plebe para evitar o veto ao recrutamento, e a conquista da cidade etrusca de Veies duplica o ager publicus para o reparto de terras.
Máis tarde no ano 390 a.C. tivo lugar a Batalla de Alia onde os galos de Breno derrotan aos romanos de Quinto Sulpicio. Logo os galos, dirixidos polo rei Breno, deciden saquear e incendiar a cidade de Roma.
Nesta situación destacou o romano Manlio, xa que defende todo o que pode o Capitolio durante o saqueo. Moitos arquivos históricos romanos foron destruídos polos galos.
Isto provoca unha gran conmoción na sociedade romana, así como un profundo endebedamento dunha parte da poboación e tamén graves problemas económicos, sociais e políticos.
No ano 376 a. C. os tribunos da plebe C. Licinio e L. Sextio propuxeron unha serie de medidas para paliar a situación (aprobáronse no 367 a. C.):
Acceso dos plebeos a todas as maxistraturas, incluíndo o consulado (un cónsul patricio e un plebeio). Xa que logo, terían acceso ao Senado (patres=patricios; conscripti=plebeios).
Limitouse a cantidade máxima de terra que podía acaparar unha soa persoa a 500 xugadas (ata ese momento, os grandes terratenientes acumulaban grandes cantidades de chan público).
Obrigación de descontar os intereses xa pagados da débeda contraída, e a realizar o pago do restante en tres anos.
A aprobación das Leis Licinio-Sextias supuxo a igualdade formal de dereitos entre patricios e plebeios, aínda que non sempre se respectou.
No 300 a. C. tivo lugar a Lex Ogulnia, acceso aos cargos relixiosos (excepto ao de flamen, interrex e rex sacrorum).
Logo, no 287 a. C., a Lex Hortensia marcaba o final da distinción xurídica entre patricios e plebeos, facendo que os Plebiscitos, as decisións da Asemblea Plebea, fosen de obrigado cumprimento para toda a poboación.
As facultades outorgadas ás institucións plebeas foron aproveitadas por un pequeno grupo de plebeos ricos, quen estableceron unha alianza cos patricios para controlar o poder.
Así formouse unha nova aristocracia composta pola nobilitas (os patricios, que constituían o ordo senatorius), e os equites, (os cabaleiros, plebeos ricos que constituían o ordo equestris).
nobilitas (nova aristocracia)
ordo senatorius (patricios)
ordo equestris (plebeos ricos; os cabaleiros > equites)
Esa alianza permitiu alcanzar unha relativa paz e estabilidade social dende mediados do século IV a.C. ata mediados do século II a.C., cando comezou novamente un período de gran axitación social. A partir dese momento, o nacemento pasaría a un segundo plano, sendo o realmente importante o poder económico (nobilitas).
UNA DE ROMANOS: UN PASEO POR LA HISTORIA DE ROMA
CARLOS GOÑI , ARIEL, 2007
ISBN: 9788434453289 ------ nº Rexistro MeGaBiblioteca: 19.246
Ay de los vencidos! La guerra es la guerra. A pesar de todos los tratados que a lo largo de la historia han pretendido establecer una ética para tiempos bélicos, el caso es que los abusos han estado a la orden del día. Se han firmado muchos convenios que velan por el cumplimiento de treguas y capitulaciones, por la salvaguarda de los bienes culturales, por el trato humanitario del personal civil y sanitario, de los heridos, enfermos, prisioneros..., sin embargo, parece que esas normas no se leen del mismo modo desde el bando de los vencedores que del de los vencidos.
La presunta honestidad del guerrero se pierde muchas veces cuando se gana la guerra. ¡Cuántos ejércitos derrotados habrán tenido que pasar por las horcas caudinas (furculae caudinae), como el ejército romano cuando fue derrotado por los samnitas (321 a.C.) y, desarmado, fue obligado a pasar vergonzosamente hombre a hombre bajo las lanzas del enemigo!
A finales del siglo v a.C., el comandante de las tropas romanas, Marco Furio Camilo, se decidió a sitiar Veyes. Todos los intentos anteriores para tomar la ciudad habían fracasado, así que decidió cercarla hasta la rendición. Pero para ello tuvo que introducir una reforma muy importante en el ejército. Hasta ahora los soldados se ponían a las órdenes de sus superiores al inicio de la primavera, en marzo, el mes dedicado al dios de la guerra, y se volvían a sus casas, unas veces con el botín bajo el brazo y otras sin nada, en otoño. Es decir, la guerra se hacía con el buen tiempo. Cuando traían algún botín (ropas, joyas, utensilios, vasijas, armas...), los soldados clavaban la lanza (hasta) y lo colocaban todo en el suelo, bajo la lanza (sub hasta), la gente se acercaba y pujaba por lo que le interesaba. Es así como se inventaron las subastas.
Camilo tuvo que cambiar las cosas, necesitaba a sus soldados en invierno y en verano a los pies de Veyes, así que creó la soldada, la paga militar (¡Ahora se cobraba por hacer la guerra!), y los campamentos de invierno (castra hiberna) donde permanecía el ejército siempre dispuesto a entrar en combate. Estas reformas fueron providenciales ya que el asedio de Veyes duró como el de Troya: diez largos años. Pasado ese tiempo, en 396 a.C., Camilo tomó Veyes y repartió entre sus soldados un gran botín.
Camilo creía que el triunfo sobre Veyes se debía a la ayuda especialísima de la diosa Iuno Regina, protectora de la ciudad etrusca, a la que había prometido un suntuoso templo a cambio de la victoria. Por esta razón, la entrada triunfal en Roma fue presidida por la escultura de la diosa a la que esperaba el santuario que había mandado construir el senado en el Capitolio. Junto al templo había un pequeño estanque que se repobló con las ocas consagradas a Juno.
Como la fama engendra envidias, pronto se acusó a Camilo de haberse quedado para sí una gran parte del botín de Veyes, que debía de ser espléndido. Quizá las acusaciones no fueran falsas, el caso es que el héroe fue desterrado.
Por aquella época comenzaban a producirse las primeras incursiones de hordas galas en la península Itálica. Los galos habían roto la frontera natural que representan los Alpes y comenzaban a hostigar a los poblados del norte. Poco a poco fueron creciendo en número y en impetuosidad, arrasando campos y ciudades. El solo hecho de nombrar la palabra “galo“ producía escalofríos: eran barbaros que lo destruían todo a su paso. Las noticias no podían ser más preocupantes: los galos se acercaban a Roma.
Ante la proximidad del enemigo, el senado decidió mandar a todos los soldados disponibles a su encuentro con objeto de salvaguardar la ciudad. Pero aquel ejército nunca entró en liza con los galos, ya que en cuanto los infantes romanos oyeron sus gritos de guerra y vieron su aspecto salvaje, huyeron despavoridos y se dispersaron.
Roma recibió con resignación la noticia y se dispuso a defenderse con uñas y dientes. La población se refugió en la ciudadela del Capitolio. Cuando llegaron los galos saquearon la ciudad y se extrañaron de que no hubiera sino algunos ancianos que los esperaban a la entrada de sus casas dispuestos a morir. Los demás estaban a buen recaudo tras las murallas en la escarpada colina. Los invasores no atacaron la ciudadela inmediatamente sino que la sitiaron y esperaron a asaltarla por sorpresa. Eso ocurrió una noche cerrada. Cuando todos dormían, cientos de galos se arrastraron sigilosamente por la ladera sin ser oídos ni siquiera por los perros guardianes. Menos mal que la diosa Juno echó una mano y sus ocas sagradas comenzaron a revolotear y a graznar, cosa que alertó a los guardias y, guiados por Manlio, llamado Capitolino, pudieron repeler el ataque a tiempo.
Oca Sagrada, Museos Capitolinos de Roma | National Geographic
Pero los galos no desistieron y decidieron quedarse hasta que los romanos se rindieran. Así ocurrió siete meses después. El tribuno Sulpicio tuvo que aceptar las condiciones de paz que impuso Breno, el jefe galo, entre ellas la entrega de mil libras de oro. Cuando se pusieron las pesas sobre la balanza, los romanos se quejaron de que había más del peso convenido, entonces Breno colocó su espada sobre el platillo mientras pronunciaba con altivez estas palabras:
“Vae victis!”, “iAy de los vencidos!”.
Tras la retirada de los galos, fue perdonado Camilo y nombrado dictador. Anuló el tratado:
“Non auro, sed ferro, recuperanda est patria” (“La patria no se restaura con oro, sino con hierro”), dijo.
Reunió al ejército disperso y cargó contra los galos que se retiraban hacia el norte. Aunque no acabó con todos y algunos grupos siguieron haciendo algunas escaramuzas de vez en cuando, los galos no volvieron a acercarse a Roma. De todas formas, el miedo a ese pueblo transalpino no se desvaneció hasta que Julio César conquistara la Galia dos siglos y medio después.
Ad libitum
(…)
Breno entró en Roma manu militari, por la fuerza de las armas, justificado probablemente por el ius ad bellum; sin embargo, a la hora de cobrar el botín no atendió al ius in bello, según el cual se ha de mantener la palabra dada a los vencidos.
Breno era un bárbaro y como tal faltó a la fides, a la palabra dada. El concepto de fides, fe o fidelidad, tiene su origen en las relaciones con la clientela: el cliente de un comercio confía en que el vendedor no le va a estafar, sobre todo, en la medida de lo que compra. El caudillo galo, sin embargo, faltó a la palabra dada, no guardó la fides: el oro de Breno "no venía a la romana", como se suele decir, no se ajustaba al peso, aunque lo más probable es que en aquel tiempo utilizaran una balanza de platillos no una statera, una balanza romana, por eso pudo colocar su espada en la bandeja de los pesos.
El incidente que protagonizó Breno me recuerda a la fábula de Fedro titulada El lobo y la grulla. A un lobo se le había atragantado un hueso mientras comía y suplicaba que alguien se lo sacara. Pero nadie se atrevía a meterse entre las fauces del animal. Él gemía de dolor y prometía una gran recompensa a quien le liberara de aquel hueso que le pinchaba la garganta. Por fin, una grulla aceptó ayudarle. Metió la cabeza en la boca del lobo y extrajo con su pico el hueso. La grulla pidió la recompensa prometida, pero el lobo le contestó:
"Eres ingrata, has sacado la cabeza intacta de mis fauces y encima pides una recompensa”
("Ingrata es, ore quae nostro caput incolume abstuleris et mercedem postules"; Fedro, Fábulas, I, 8).
Nunca olvidaron los romanos la afrenta de Breno. De aquel deshonroso incidente su memoria guardó con orgullo el canto de las ocas que alertó al campamento del Capitolino. De hecho, tres siglos después seguían recordando aquel día. Cada año se crucificaban algunos perros guardianes como castigo por aquellos canes que no ladraron en la ladera del Capitolino, mientras que a las ocas de Juno se las llevaba a ver el espectáculo sentadas en cojines de púrpura y oro. Quizá por eso Ovidio dice que:
"El ganso es más sagaz que los perros” ("canibusve sagacior anser"; Metamorfosis, XI, 599).